Este seminario web ten como obxectivo analizar o réxime vixente da carreira administrativa do funcionariado público, nas súas distintas modalidades de carreira horizontal e vertical e promoción interna, prestando especial atención á progresiva introdución da carreira horizontal, establecida polo EBEP e recollida na Lei do emprego público de Galicia.
Tal como explica a exposición de motivos desta Lei do emprego público de Galicia, dada a novidade e a complexidade da configuración dun sistema de promoción profesional deste tipo, que, ademais, non supuxo a supresión do sistema de carreira vertical e promoción interna xa existente, senón que se engade a el, a súa efectividade queda aprazada ao momento en que por vía regulamentaria se proceda ao seu desenvolvemento pormenorizado.
Non obstante, o número 4 engadido á disposición transitoria oitava desta lei pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, introduciu un sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, complementario ao do grao persoal, que anticipa a futura implantación da carreira horizontal, e iso fai precisa a súa análise no contexto e desde a perspectiva referidos.
TELEPRESENZA |