Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Webinario A carreira funcionarial na Administración galega
...
Xoves, 21 de Xaneiro de 2021 12:00:00
  •  
    •  
    •  

  Reproducións 439
Publicar en redes sociais    
Descrición


Obxectivo: analizar o réxime vixente da carreira administrativa do funcionariado público, nas súas distintas modalidades de carreira horizontal e vertical e promoción interna, prestando especial atención á progresiva introdución da carreira horizontal, establecida polo EBEP e recollida na Lei do emprego público de Galicia.

Contidos:
I. Introdución: antecedentes históricos da carreira administrativa do funcionariado público.
II. Ámbito de aplicación das normas da Lei do emprego público de Galicia sobre a carreira profesional e a promoción interna.
III. A carreira profesional dos funcionarios e as funcionarias de carreira.

III.1. Concepto e modalidades da carreira profesional.
III.2. A carreira horizontal na Lei do emprego publico de Galicia. O sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira.
III.3. A carreira vertical: remisión aos sistemas de provisión de postos de traballo.
III.4. Relacións entre carreira horizontal e vertical.

IV. A promoción interna dos funcionarios e as funcionarias de carreira.

IV.1. A promoción interna vertical.
IV.2. A promoción interna horizontal.

V. Conclusións. Carreira profesional e avaliación do desempeño

Docente: Luis Míguez Macho
CANLES
OS + VISTOS
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212