Descrición
Obxectivo: analizar o réxime vixente da carreira administrativa do funcionariado público, nas súas distintas modalidades de carreira horizontal e vertical e promoción interna, prestando especial atención á progresiva introdución da carreira horizontal, establecida polo EBEP e recollida na Lei do emprego público de Galicia.
Contidos:
I. Introdución: antecedentes históricos da carreira administrativa do funcionariado público.
II. Ámbito de aplicación das normas da Lei do emprego público de Galicia sobre a carreira profesional e a promoción interna.
III. A carreira profesional dos funcionarios e as funcionarias de carreira.
III.1. Concepto e modalidades da carreira profesional.
III.2. A carreira horizontal na Lei do emprego publico de Galicia. O sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira.
III.3. A carreira vertical: remisión aos sistemas de provisión de postos de traballo.
III.4. Relacións entre carreira horizontal e vertical.
IV. A promoción interna dos funcionarios e as funcionarias de carreira.
IV.1. A promoción interna vertical.
IV.2. A promoción interna horizontal.
V. Conclusións. Carreira profesional e avaliación do desempeño
Docente: Luis Míguez Macho