Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09022 - Xornadas sobre o rexistro de parellas de feito de Galicia
Imaxe Curso/Xornada

De man da Lei 10/2007 se permitiu, por primeira vez na nosa Comunidade, que as consecuencias que a Lei 2/2006 de dereito civil de Galicia atribúe ao matrimonio, fosen aplicables igualmente a aquelas parellas que, sen ser matrimonio, se inscribisen no RExistro Autonómico de Parellas de Feito que se crearía ao efecto. Logo dun ano da vixencia do devandito Rexistro regulado polo Decreto 248/2007, faise preciso estudar a repercusión que este ten no noso territorio, así como crear un foro de intercambio de opinións sobre a transcendencia desta regulación e as consecuencias que está a producir, así como a interrelación e coexistencia con outros rexistros de parellas.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
24/09/2009
Fin
25/09/2009
Prazas
298
Programa
A creación do Rexistro de parellas de feito de Galicia
Luns, 24 de Agosto de 2009.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Funcionamento do rexistro : lugar e forma de presentación das solicitudes e procedemento de actuación do rexistro.
Luns, 24 de Agosto de 2009.

O Decreto 248/2007, do 20 de decembro, crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Os artigos 9 a 14 do decreto regulan as solicitudes para a inscrición neste Rexistro: os requisitos das solicitudes, lugar e forma de presentación (artigo 9), a lexitimación para solicitar as inscricións (artigo 10), requisitos comúns das solicitudes de inscrición (artigo 11), os requisitos das solicitudes de cancelación (artigo 12) e as solicitudes de incorporación ou modificación de pacto (artigo 13).

Os artigos 15 a 20 regular o procedemento de actuación do rexistro: admisión da solicitude(artigo 15), corrección de efectos(artigo 16), tramitación da solicitude (artigo 17), resolución, prazo, motivación e notificación(artigo 19) e recursos (artigo 20).

  •  
    •   Video
    •   Audio

Organización do Rexistro de Parellas: encargados do rexistro e coordinación
Luns, 24 de Agosto de 2009.

Disertación sobre o modo de organización e coordinación do Rexistro de parellas de feito.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Relación cos rexistros municipais e outros rexistros autonómicos. Interrelación dos rexixtros
Luns, 24 de Agosto de 2009.

A intervención de María Cacharro López trata sobre o avance que supón Rexistro de Parellas de Feito de Galicia no tratamento das unións non matrimoniais en Galicia. Este rexistro non obvia a importancia dos Rexistros municipais que o precederon e cos que debe coordinarse, as fórmulas de colaboración interadministrativa poden ser diversas, e varían dunha Comunidade Autónoma a outra. A principal virtualidade dos Rexistros de Parellas de Feito é facilitar a proba das unións non matrimoniais definidas na norma que os crea e regula. A inscrición non supón recoñecemento de dereitos, senón que unha norma equipara ditas unións ao matrimonio a determinados efectos. A norma pode ser estatal, autonómica ou local, e afecta tanto a cuestións de Dereito público como privado. A creación de Rexistros municipais é en moitos casos anterior á equiparación expresa que foron introducindo algunhas leis autonómicas, non existe Lei estatal de unións de feito, pero si o ordenamento xurídico estatal lles recoñece, de xeito fragmentario e disperso, determinados efectos. As normas autonómicas e municipais que equiparan dalgún xeito ás parellas de feito aos matrimonios restrínxense ao eido das súas competencias respectivas. O Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, regula no artigo 27 a coordinación cos Rexistros municipais. Os Rexistros municipais non coordinados co autonómico non permitirán ás parellas inscritas so neles acceder ás vantaxes que a Lei de dereito civil de Galicia lles recoñece, pero si poder seguir servindo como instrumentos facilitadores de medios probatorios cualificados na medida en que outras normas fagan referencia a eles expresamente o simplemente garden silencio sobre os medios probatorios admisibles.

A intervención de Rosana Prado Queipo explica que o goberno municipal de Ames aprobou no ano 2003 o Regulamento do rexistro municipal de parellas de feito en resposta á demanda veciñal. A primeira inscrición no rexistro é de febreiro do 2004, o ritmo de inscrición se ralentiza a partir da publicación da Lei 10/2007 de 28 de xuño de reforma da disposición adicional terceira de la lei 2/2006 de 14 de xuño de dereito civil de Galicia, e do decreto 248/2007 de 20 de decembro polo que se crea e regula o Rexistro de parellas de feito de Galicia. O Rexistro de parellas autonómico é distinto do municipal porque os seus requisitos e efectos son distintos. O rexistro autonómico ten carácter consultivo e permite equiparar as parellas inscritas nel ao matrimonio en canto a dereitos e obligacións que a lei de dereito civil de Galicia lle confire. O rexistro municipal responde a realidade se necesidades distintas. A lexislación autonómica permite que as parellas de feito inscritas nos rexistros municipais accedan ao autonómico previo consentimento dos titulares se queda acreditado que os requisitos para inscribirse no municipal son os mesmos que no autonómico. Faise necesario introducir algunha modificación no regulamento de creación e funcionamento do rexistro municipal para a coexistencia dos dous rexistros.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Réxime fiscal e sucesorio aplicable ás parellas de feito
Luns, 24 de Agosto de 2009.

Descrición das políticas fiscais que se aplican ás parellas de feito, facendo fincapé no réxime sucesorio.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Incidencias no eido notarial: a regulación dos pactos
Luns, 24 de Agosto de 2009.

Regulación dos pactos no caso das parellas de feito e a súa incidencia no eido notarial.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda, Efectos e consecuencias xurídicas da inscrición no rexistro
Luns, 24 de Agosto de 2009.

Mesa redonda, Efectos e consecuencias xurídicas da inscrición no rexistro.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212