Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09025 - Foros sobre a directiva servizos e o incremento da competitividade: unha oportunidade para Portugal, España é Galicia
Imaxe Curso/Xornada

Os devanditos foros teñen como obxecto informar sobre a significación, operatividade e efectos da Directiva de servizos así como da normativa estatal de transposición daquela. En especial, destacarase o novo réxime xurídico da Administración en materia de autorizacións e licencias, así como a liberalización da prestación dos servizos, e o impacto da Directiva no funcionamento das Entidades Locais e nos Colexios Profesionais.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
FORO1
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
15/10/2009
Fin
16/11/2009
Prazas
298
Programa
Inauguración I Foro
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Adminsitración Pública (EGAP)

Jesús María Gamallo Aller, Director Xeral de relacións exteriores da Xunta de Galicia

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A directiva dende a perspectiva europea: liñas xerais e o marco comparado
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A DIRECTIVA 2006/123/CE prevé dúas liberdades fundamentais que atinxen á libre circulación de mercancías e á de traballadores e capital dende a perspectiva da forma de prestación do servizo: A posibilidade da empresa ou profesional de prestar o seu servizo dende un establecemento fixo e por unha duración determinada noutro estado da unión europea, integrándose na vida económica do país, , ou pola contra, que leve a cabo unha prestación transfronteriza sen establecerse no país no que presta os servizos, para o que establece os requisitos mínimos e as normas aplicables para ambos casos, así como a obriga de todos os estados á simplificación e telematización dos procesos para a o acceso á prestación de servizos, e á avaliación recíproca e cooperación administrativa entre estados membros.Esta directiva aplicarase a todos os servizos, salvo a aqueles que expresamente menciona, ben porque xa contan con lexislación comunitaria específica ou porque se considera necesario por decisión política.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

A directiva de servizos como instrumento de concreción do mercado único: en especial, o seu impacto no mercado único
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

O mercado interno constitúe o principal obxectivo instrumental da construcción comunitaria, xa que supón preto dun 70% do mercado total. Os marcos estructurais do mesmo son a competencia e a liberalización dos servizos,, regulados ambos pola Directiva de servizos e pola reforma do dereito da competencia que se está a levar a cabo. O aspecto máis paradigmático deste último é o debate en torno á prohibición do abuso da posición dominante, na que se tentan conciliar diferentes conceptos económicos, tendo sempre en conta o benestar dos consumidores, introducindo os intereses sociais e constituíndo claros paralelismos entre os dous textos legais.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A directiva servizos licenza apertura establecementos comerciais
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Como afecta a Directiva de servizos nas licenzas de apertura de establecementos comerciais.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

A repercusión da liberalización do sector da enerxía na directiva de servizos
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A directiva de servizos constitúe un cadro normativo que inflúe sobre o ordenamento xurídico dos países membros. No caso de España no que concirne ao sector enerxético, a principal e máis importante modificación lexislativa ven dada pola supresión da necesidade de autorización previa para comerciar ou subministrar gases e/ou combustibles por canalización, electricidade ou productos petrolíferos tanto por xunto coma polo miúdo, senón que abonda ca comunicación á autoridade competente Esta modificación vai acompañada dun colonario inmediato do anterior e que deixa tamén de ser necesario, así coma tampouco é precisa a suscripción no rexistro de distribuidores e comercializadores que existía no Ministerio de Industria e Comercio e en determinadas comunidades autónomas.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A transposición da directiva de servizos en Portugal
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A implementación da directiva de servizos en Portugal trae consigo unha reforma regulamentaria sen precedentes, e propicia a apertura dun mercado interno de cara ao mercado único europeo, o cal xera vantaxes tanto para os sectores económicos coma para os consumidores, pero tamén de cara á propia administración pública que se ve na obriga de ter que reducir a súa burocracia e facilitar os trámites destinados á consecución de servizos por parte dos cidadáns, feito que tería que ter sido antes ou despois inda que non viñese imposto pola normativa comunitaria, posto que constitúe unha necesidade básica no mundo actual. Así o estado portugués implementou o banco único electrónico e o Programa Simplex dentro do que podemos atopar a xanela única, e ten en perspectiva de cara ao 2020 o sector da saúde

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

A directiva de servizos dende a vertente da competencia
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A pertenza á Unión Europea esixe aos estados membros compartir unha concepción similar de funcionamento nas súas economías, apoiándose o papel das súas políticas económica sen dous principios esenciais: a competencia e o libre comercio e a estabilidade. A directiva de servizos introduce unha nova concepción de enorme alcance sobre a intervención das actividades de comercio. A súa transposición contribuirá á existencia de competencia efectiva nos mercados, eliminando moitas das barreiras e trabas administrativas existentes no exercicio de actividades empresariais. Dados os condicionantes e limitacións do noso estado para levalo a cabo, pois leva consigo a modificación de arredor de 100 leis, 400 decretos e máis de 6000 normas, a simple transposición non bastará para eliminar os obstáculos que impiden un desenrolo competencial do sector servizos.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

A influencia da directiva europea en España
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A gran importancia do sector servicios nos países desenrolados e a influencia destes noutros sectores económicos constitúen dúas das razóns pola que se aprobou a directiva de servizos. En España, a pesar da grande importancia do sector, o seu cadro regulamentario caracterízase por ser insuficiente, restrictivo e pouco transparente. A transposición da directiva ven a reavivalo, con cambios que xa se están a facer como a lei paraugas, actualmente en tramitación parlamentaria, no tocante ao libre acceso ás actividades e os seus servizos, co obxecto de cear in contorno regulamentario máis favorable e transparente para a actividade económica, e a Lei Ómnibus, anteproxecto de lei para a adaptación das leis existentes á lei paraugas. Haberá tamén que levar a cabo a reforma da lei 7/1996, e 15 de xaneiro, de Ordenación do comercio polo miúdo.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

A repercusión económica da directiva
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A directiva de servizos, non supón unha grande innovación dende o punto de vista estrictamente xurídico, posto que a maioría das vantaxes que se lles recoñecen aos empresarios nacen do anterior tratado, e inclusive en aquelas áreas que marca como excluídas, posto que xa existe lexislación comunitaria propia. A reactivación do sector servizos marcada pola tansposición da directiva comunitaria ao cadro regulamentario español, afectará a outros sectores colaterais que servirán coma vectores que axudarán a popularizar a directiva e a esixir o seu cumprimento. No caso galego, o sector servizos conta con menos peso e especialización que no resto do estado, inda que nos últimos anos veuse incrementado, inda que segue a caracterizarse polo baixo valor engadido da súa especialización, e o escaso uso intensivo do capital.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Clausura I Foro
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Sobre ventanilla única: lo que entendemos hoy por ella poco tiene que ver con lo que la directiva nos impone, y aunque no nos lo impusiese, habría que ir hacia ella

Gracias a todos los ponentes que nos han ayudado a entender la directiva de servicios, no como una obligación, que es lo que es, sino como un instrumento que va a proporcionar un mayor grado de libertad y de progreso en una sociedad abierta, plural, democrática y libre como es y quiere ser la europea, tal y como se define en lso tratados constitutivos

Invita a todos los ponentes y asistentes a los siguientes foros y hace una sucinta presentación de ellos

  •  
    •   Video
    •   Audio

Inauguración II Foro
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Inauguración de don Pablo Figueroa Dorreo, director da Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) dando a benvida a relatores e asistentes, e pondo en alza a actualidade e importancia do tema a tratar.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O desenvolvemento do portelo único en España
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

O portelo único é unha das tres liñas que se está a desenvolver para a transposición da Directiva de Servizos ao ordenamento xurídico español. España non limitará o número de portelos, senón que habilitará unha que cumpra cos requisitos da directiva, onde o prestador de servizos poida atopar toda a información necesaria para exercer a súa actividade, ben sexa establecéndose no noso estado ou non. Constituirá un único punto de acceso para realizar todos os trámites e os procedementos, inda que a competencia non variará, simplemente remitirase a cada un dos diferentes órganos competentes. Para levar a cabo este proxecto, partiuse da análise da situación actual, e clasificáronse as diferentes actividades seguindo os códigos CNAE. O deseño español constará de tres partes, a que permiritá o acceso ao prestador, a de acceso do destinatario do servizo, e un área para as autoridades nacionais competentes, mediante a cal poderán establecer relacións e seguir as tramitacións transversais de asuntos.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O desenvolvemento do portelo único en Portugal
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Portugal afronta o proxecto do portelo único dende un punto de vista multicanle, establecendo a importancia de poder continuar un trámite nun lugar en unha forma independente da do punto de partida. Contan cun punto de información no que se está a traballar para que nun futuro próximo poida dar cobertura á realización de trámites.  Dende o 2006 a administración portuguesa ofrece ao prestador de servizos o “portal de empresa”, dende o cal o usuario pode consultar todo tipo de información acerca da creación de empresas. Neste mesmo servizo integrarán o portelo único e o sistema de validación por firma electrónica, que permitirá cumprir os requisitos impostos pola directiva de servizos, Dende aquí poderán realizarse todolos trámites necesarios, sexan competencia da administración central ou municipal, para o que contan co “Programa Simplex Autárquico” mediante o cal, e de forma voluntaria, os municipios poidan adherirse ao proxecto de portelo único e faciliten a información necesaria para levalo a cabo. Aqueles que non o fagan serán finalmente obrigados.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O réxime de autorización da directiva de servizos
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A boa Administración na Directiva de Servizos
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A Directiva de Servizos é unha norma que vai a afectar de forma moi profunda á cultura administrativa o noso país. Plantexa un desafío ao conxunto da administración pública, especialmente ao eido local no senso das tarefas de verificación, comprobación, inspección e supervisión das actividades de interés xeral. A transposición da normativa europea ao noso ordenamento xurídico constitúe unha oportunidade para racionalizar e por o mercado interior ao servizo dos cidadáns, promovendo a libre competencia para que éstes poidan elexir os mellores servizos aos mellores prezos

  •  
    •   Video
    •   Audio

O procedemento administrativo na Directiva de Servizos
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

No ano 2000 ponse en marcha a Estratexia de Lisboa baixo a firme proposta do Consello Europeo de facer da economía política e comunitaria europea a máis competitiva do mundo. Neste contexto nace en 2006 a Directiva de Servizos, precedida por unha análise da situación do mercado interior europeo que puxo de manifesto a existencia de multitude de trabas administrativas que dificultaban a competitividade no sector servizos. O principal obxecto da directiva foi a eliminación deses obstáculos para favorecer un mercado máis competitivo, e en última instancia, o crecemento económico. Sumado a este contexto político económico, no plano xurídico existe unha importante doutrina do Tribunal Europeo de Xustiza, que fai susceptible que a Directiva no eido da regulación da liberdade de establecemento e de prestación de servizos, non faga máis que codificar os criterios xurisprudenciais sen introducir innovación algunha.

En canto ás solucións que arbitra o documento para axilizar o mercado, unha das propostas é o portelo único, que non afectará en grande medida ao noso procedemento, senón ao modelo de xestión administrativa tornándoo cara a un máis moderno, eficaz e adaptado á tecnoloxía actual, e que en moitos aspectos xa existían a través da lexislación estatal, inda que haberán de ser mínimamente modificadas segundo os criterios da Directiva de Servizos. Estas modificacións levaranse a cabo a través da Lei Ómnibus.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O réxime de visados na Directiva de Servizos
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A modificación por mor da transposición da Directiva de servizos ao noso regulamento xurídico da normativa relativa ó visado de proxectos por parte dos colexios profesionais xerou moita oposición. Ha de modificarse a lei 27/1994, de 13 de febreiro, sobre Colexios profesionais no seu artigo 13, eliminando así a obrigatoriedade dos prestadores de servizos de visar os seus proxectos, marcando coma excepción os supostos en que o soliciten os particulares, ou cando o goberno o estableza por Real Decreto, caso no que os prezos han de axustarse ao costo do servizo e que os colexios están obrigados a publicar, e convertendo ao colexio en responsable subsidiario dos datos que visa, sempre e cando poda establecerse unha relación de causalidade. Para estes casos, establece que contido mínimo dos visados debe abranguer as especificacións técnicas da obra ou instalación, todos os aspectos suxeitos a control, e informar das posibles responsabilidades que poida ter o colexio. A Directiva sinala tamén os aspectos que non debe de recoller, coma son os honorarios dos técnicos e as cuestións de contratación libre entre o particular que solicita o visado e o colexio.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Valor global sobre a Directiva de Servizos: lenda e realidade na integración europea
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A principal aportación da Directiva de Servizos é o impulso político tanto a nivel normativo coma organizativo, institucional e incluso xudicial. Dende o punto de visa xurídico, o contido da Directiva introduce unha innovación moi modesta, xa que  a grande maioría dos puntos que trata estaban resoltos na mesma liña ca xurisprudencia do Tribunal Europeo de Xustiza. No caso español, existen un par de aspectos nos que a directiva serve de pretexto ao goberno para tomar a iniciativa: Os colexios profesionais, e a  reordenación dos sectores de actividade. Como novidade normativa sinálase a Lei Ómnibus que seguindo os criterios da Directiva suprime trece autorizacións, e refírese expresamente a doce, do que se extrae que a transposición desta norma europea ao noso ordenamento xurídico contribuirá ao incremento da competencia, pero non será a solución total a eles.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura II Foro
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Don  Pablo Dorrego Figueroa, Director Xeral da Escola Galega de Admistración pública (EGAP), anuncia o terceiro foro, agradece a presencia e intervención dos relatores, e insiste na necesidade de remover obstáculos na transposición da Directiva de Servizos como método de proceso de integración europea.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Inauguración III Foro
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Inauguración de don Pablo Figueroa Dorreo, director da Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) dando a benvida a relatores e asistentes, e pondo en alza a actualidade e importancia do tema a tratar

  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda sobre o impacto da Directiva de servizos nas enxeñerías e actividades económicas afins.
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Don Enrigue Rivero Ysern, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, moderador da mesa redonda, introduce o tema a tratar, e explica as quendas de intervención

Don Francisco Rosado Corral, Secretario do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, explica os puntos nos que os colexios profesionais poden verse afectados pola transposición da directiva ao noso ordenamento xurídico.

Don Miguel Uceda Rozas, Asesor Xurídico do Consello Superior de Enxeñeiros de Minas, expón dende un punto de vista  práctico o enfoque que a transposición da Directiva de Servizos suporá nas organizacións colexiais

Don Roberto Pereira Costa, decano-presidente do Colexio de Economistas da Coruña, relfexiona sobre as oportunidades e ameazas ás que se terán que afrontar os colexios profesionais con respecto á transposición da Directiva de Servizos, destacando as previsibles reformas tanto no eido xurídico, coma no tecnolóxico, administrativo e internacional.

Don José Antonio Rivas Paz, en substitución de don Víctor Tello Calvo, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros agrónomos de Galicia, destaca os obxectivos da Directiva de Servizos en relación cos colexios profesionais, afonda no tema do visado colexial.

Establécese un coloquio ca intervención dos relatores e as preguntas dos asistentes.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Mesa redonda sobre o sector da construcción
Xoves, 15 de Outubro de 2009.
  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Mesa redonda sobre o sector turístico
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Don, Franciscco Javier Rubal Pastor, Xefe servizo en inspección para turismo da Secretaría Xeral de turismo da Consellería de Cultura e Turismo, moderador da mesa, presenta a cada un dos relatores e marca a estructura formal da mesma, sinalando tamén os puntos esenciais dos contidos a tratar

Don Jesús Pardo quiroga, Portavoz de la Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia, repasa os cambios normativos que afectaron ao colectivo, facendo referencia á situación actual do sector

Don Francisco candela Castrillo, Director del Gabinete de Economía e Xestión Turística, fai un pequeno bosquexo do sector turístico, e marca os efectos positivos e negativos da Directiva sobre o mesmo.

Don Juan Silva Alvite, presidente de la Condefereción de Empresarios de Hostelería de Galicia (CEHOSLA), expón as inquedanzas do sector acerca da Directiva de Servizos.

Coloquio entre os relatores e os asistentes

  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda sobre o comercio
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

Don Aurelio del Pino González, Director Xeral da Asociación Nacional de  Cadeas Españolas de Supermercados (ACES) sobre as pautas da Directiva con respecto ao sector do comercio, e o punto de vista dos empresarios do sector.

Don Marcos Casado Martín, Director de Asuntos Xurídicos da Asociación Nacional de Grandes Empresas de Distribución introduce á súa asociación e referencia os obxectivos das Directivas con respecto ao sector do comercio

Don Luis Fernández Díaz, Secretario Xeral Técnico da Federación Galega de Comercio repasa a regulación estatal e autonómico do sector do comercio polo miúdo ao que representa, e expresa o punto de vista do mesmo ante a Directiva.

Dona Encarnación Alvarez García, Presidenta da Comisión de Comercio Interior da Cámara de Comercio de Vigo sinala que un dos temas que más conflictos está a crear dentro do sector é o da liberdade de implantación de actividades comerciais. Expresa a postura das Cámaras de Comercio con respecto ao tema.

Don Antonio Manuel López Miño, Asesor Xurídico da Xunta de Galicia, afonda nos aspectos xurídicos do proxecto de lei de modificación da lei de organización do comercio minorista, e da Directiva de Servizos, destacando a introducción por parte desta última dunha polémica discriminacion inversa

Debate entre relatores e asistentes

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O control comunitario da aplicación da Directiva de Servicios
Xoves, 15 de Outubro de 2009.

A Comisión Europea é a encargada do control da transposición da Directiva ao Dereito Comunitario en xeral, puidéndose atopar ca falta de transposición, cunha transposición indebida o cunha simple mala aplicación da normativa europea por parte dos estados membros. No referente ao noso pais, hase de adaptar a lexislación estatal a un cadro específico marcado pola Directiva, e establecer os mecanismos e procedementos esixidos pola mesma, para o que xa existen proxectos portos en marcha. Trátase dunha tarefa complexa para o que é necesario contar coa maior coordinación posible entre as diferentes administracións públicas, e ter en conta o impacto da recente xurisprudencia sobre o tema, tanto a nivel estatal coma comunitario en determinados sectores afectados pola Directiva.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212