Don Enrigue Rivero Ysern, Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, moderador da mesa redonda, introduce o tema a tratar, e explica as quendas de intervención
Don Francisco Rosado Corral, Secretario do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, explica os puntos nos que os colexios profesionais poden verse afectados pola transposición da directiva ao noso ordenamento xurídico.
Don Miguel Uceda Rozas, Asesor Xurídico do Consello Superior de Enxeñeiros de Minas, expón dende un punto de vista práctico o enfoque que a transposición da Directiva de Servizos suporá nas organizacións colexiais
Don Roberto Pereira Costa, decano-presidente do Colexio de Economistas da Coruña, relfexiona sobre as oportunidades e ameazas ás que se terán que afrontar os colexios profesionais con respecto á transposición da Directiva de Servizos, destacando as previsibles reformas tanto no eido xurídico, coma no tecnolóxico, administrativo e internacional.
Don José Antonio Rivas Paz, en substitución de don Víctor Tello Calvo, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros agrónomos de Galicia, destaca os obxectivos da Directiva de Servizos en relación cos colexios profesionais, afonda no tema do visado colexial.
Establécese un coloquio ca intervención dos relatores e as preguntas dos asistentes.