A DIRECTIVA 2006/123/CE prevé dúas liberdades fundamentais que atinxen á libre circulación de mercancías e á de traballadores e capital dende a perspectiva da forma de prestación do servizo: A posibilidade da empresa ou profesional de prestar o seu servizo dende un establecemento fixo e por unha duración determinada noutro estado da unión europea, integrándose na vida económica do país, , ou pola contra, que leve a cabo unha prestación transfronteriza sen establecerse no país no que presta os servizos, para o que establece os requisitos mínimos e as normas aplicables para ambos casos, así como a obriga de todos os estados á simplificación e telematización dos procesos para a o acceso á prestación de servizos, e á avaliación recíproca e cooperación administrativa entre estados membros.Esta directiva aplicarase a todos os servizos, salvo a aqueles que expresamente menciona, ben porque xa contan con lexislación comunitaria específica ou porque se considera necesario por decisión política.