O portelo único é unha das tres liñas que se está a desenvolver para a transposición da Directiva de Servizos ao ordenamento xurídico español. España non limitará o número de portelos, senón que habilitará unha que cumpra cos requisitos da directiva, onde o prestador de servizos poida atopar toda a información necesaria para exercer a súa actividade, ben sexa establecéndose no noso estado ou non. Constituirá un único punto de acceso para realizar todos os trámites e os procedementos, inda que a competencia non variará, simplemente remitirase a cada un dos diferentes órganos competentes. Para levar a cabo este proxecto, partiuse da análise da situación actual, e clasificáronse as diferentes actividades seguindo os códigos CNAE. O deseño español constará de tres partes, a que permiritá o acceso ao prestador, a de acceso do destinatario do servizo, e un área para as autoridades nacionais competentes, mediante a cal poderán establecer relacións e seguir as tramitacións transversais de asuntos.