Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
O desenvolvemento do portelo único en España...
Xoves, 15 de Outubro de 2009

  Reproducións 20448
Publicar en redes sociais    
Descrición
Montaña Merchán Arribas, directora de división da Dirección Xeral para o Impulso da Administración Electrónica do Ministerio de Presidencia

O portelo único é unha das tres liñas que se está a desenvolver para a transposición da Directiva de Servizos ao ordenamento xurídico español. España non limitará o número de portelos, senón que habilitará unha que cumpra cos requisitos da directiva, onde o prestador de servizos poida atopar toda a información necesaria para exercer a súa actividade, ben sexa establecéndose no noso estado ou non. Constituirá un único punto de acceso para realizar todos os trámites e os procedementos, inda que a competencia non variará, simplemente remitirase a cada un dos diferentes órganos competentes. Para levar a cabo este proxecto, partiuse da análise da situación actual, e clasificáronse as diferentes actividades seguindo os códigos CNAE. O deseño español constará de tres partes, a que permiritá o acceso ao prestador, a de acceso do destinatario do servizo, e un área para as autoridades nacionais competentes, mediante a cal poderán establecer relacións e seguir as tramitacións transversais de asuntos.

CANLES
OS + VISTOS
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212