Portugal afronta o proxecto do portelo único dende un punto de vista multicanle, establecendo a importancia de poder continuar un trámite nun lugar en unha forma independente da do punto de partida. Contan cun punto de información no que se está a traballar para que nun futuro próximo poida dar cobertura á realización de trámites. Dende o 2006 a administración portuguesa ofrece ao prestador de servizos o “portal de empresa”, dende o cal o usuario pode consultar todo tipo de información acerca da creación de empresas. Neste mesmo servizo integrarán o portelo único e o sistema de validación por firma electrónica, que permitirá cumprir os requisitos impostos pola directiva de servizos, Dende aquí poderán realizarse todolos trámites necesarios, sexan competencia da administración central ou municipal, para o que contan co “Programa Simplex Autárquico” mediante o cal, e de forma voluntaria, os municipios poidan adherirse ao proxecto de portelo único e faciliten a información necesaria para levalo a cabo. Aqueles que non o fagan serán finalmente obrigados.