Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU09029 - Xornadas sobre a administración cidadá: Interese histórico e a súa proxección no dereito actual
Imaxe Curso/Xornada

Estas xornadas queren mostrar como a Administración está presente na vida cidadá desde a antiga Roma ata hoxe en día. Non se trata soamente de realizar un itinerario histórico pola devandita Administración,polo que faremos un percorrido xurídico desde os tempos de Roma ata a súa proxección no dereito moderno. Poñendo en relación a experiencia xurídica romana co dereito público actual, veremos como moitos conceptos fundamentais do dereito público medieval e moderno teñen a súa orixe en formas institucionais e principios da experiencia
romana; non obstante, aínda que no dereito público actual encontramos termos, conceptos, formas que poden parecer iguais ou similares a aquelas da experiencia romana, non se debe esquecer que teñen inevitablemente asumido un valor distinto no singular contexto histórico que as xerou. Mostraremos como o oficio de avogado se encontra entre o cidadán e a
Administración pública, e falaremos da carreira administrativa na antiga Roma, nun intento de mostrar as similitudes e diferenzas coa agora vixente. O dereito fiscal, cos seus instrumentos de política financeira, tamén estará presente, así como o modelo romano de cidade e a comparación co urbanismo actual. Co firme propósito de mostrar como incidía
na cidadanía a Administración romana, presentamos estas xornadas, con afán divulgativo, dos comezos xurídicos dunha Administración que se converterá, co paso do tempo, no eixe da vida cidadá.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
28/10/2009
Fin
30/10/2009
Prazas
298
Programa
A experiencia xurídica romana e o dereito público moderno.
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

A experiencia xurídica romana e o dereito público moderno. Evolución dos conceptos de Estado e de Dereito Público.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Dereito fiscal: instrumentos de política financeira e principios de xustiza tributaria.
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

Resumo dos principios do sistema tributario romano que comeza cunha ampla introducción na que se relacionan as palabras de Cicerón coa actualidade. Prosigue relatando a clasicidade do léxico fiscal e tributario romano atendendo á linguaxe propia deste ámbito. Continúa cunha exposición dos instrumentos de política financeira e dos fundamentos da imposición fiscal.

Finaliza cunha enumeración dos principios informadores do sistema tributario: proporcionalidade e capacidade económica; igualdade e xeneralidade; benignidade, humanidade e equidade; legalidade; indispoñibilidade; obxectividade e seguridade xurídica; razoabilidade e utilidade común; e preclusividade.

  •  
    •   Video
    •   Audio

O problema da terra e a súa influencia na constitución de Roma.
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

A terra é un elemento básico e relevante para entender o dereito romano, que provocou un gran número de confrontacións durante as diferentes reformas agrarias. O problema da distribución do territorio aparece cando os pobos deixan de ser nómades e xorde a propiedade privada.

Tamén se fai referencia ás posibles orixes de Roma e ao modo en que se inicia a distribución das terras, dando lugar á creación dunha organización política. Finalmente alúdese ao concepto de mancipi e as súas relacións co Estado.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Fundamentos clásicos da democracia moderna.
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

Disertación sobre os fundamentos nos que se basea a democracia moderna.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A reforma constitucional romana propugnada polos irmáns Graco.
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

Breve análise das implicacións realizadas polos irmáns Graco na época clásica. Nun primeiro momento alúdese ao momento histórico que se vivía en Roma e aos conflitos sociais presentes na época, entre os que destacaban a reforma agraria e as diferencias entre os patricios e os plebeos polo status de cidadán. Os irmáns Graco intentaron cambiar unha situación na que a terra do estado, ou terra pública, estaba xestionada polos cabaleiros pero era traballada polos escravos.

Propuxeron unha redistribución das terra, tendo en conta os problemas que isto implicou. Repásanse os motivos do fracaso da reforma a pesar de que os irmáns Graco souberon ver, de maneira acertada, a necesidade dunha reforma agraria. Inclúense continuas referencias a Arxentina, non só no que ten que ver coa redistribución das terras, senón tamén no referido ás empresas.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Administración territorial da Galicia romana.
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

 

Análise da organización territorial de Galicia durante a época romana, durante a cal existiu unha concepción moi clara dos límites e do espazo.

Faise un repaso das principais cidades e lugares clave que pertencían a Galicia, coméntase o modo de conquista polos romanos e as diferenzas existentes coa conquista do resto de España. Durante a época clásica a creación de provincias respondía a unha necesidade de conectar todo o Imperio Romano. Diocleciano, consciente desta peculiaridade, creou varias dioceses que á súa vez se subdividían en provincias.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Oficio de avogado: entre o cidadán e a administración pública
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

Análise da profesión da avogacía e da súa relación coa administración pública e coa defensa dos dereitos dos cidadáns. A Administración pública, tal e como está configurada na actualidade, é o resultado dun longo proceso de desenvolvemento que comeza na época clásica e que reflicte a transformación da sociedade. A función pública ten como misión crear un espazo de convivencia da cidadanía, convertendo o funcionario nun servidor da institución. Dentro deste marco, a avogacía presta un servizo público, ao interactuar coa administración orientándoa aos valores da convivencia civil e logrando unha sociedade pacífica.

Análise do marco teórico do status civis tendo en conta as formas de relación do suxeito coa comunidade, a cidadanía como autodeterminación persoal, a dialéctica da soberanía das leis e dos homes, a cidadanía moderna e a cidadanía cosmopolita, a evolución liberal e as xeracións de Dereitos humanos e a cidadanía constitucional e europea.

  •  
    •   Video
    •   Audio

A carreira administrativa na antiga Roma
Mércores, 28 de Outubro de 2009.

Mostra das similitudes entre a carreira administrativa actual e a carreira administrativa na antiga Roma. En ámbolos dous casos preséntase a posibilidade de ascender nun posto a través dunha estrutura xerárquica e conseguir un grao de responsabilidade maior.

Explícanse o papel desenvolvido polos maxistrados romanos facendo fincapé nas características de gratuidade, temporalidade e colexialidade. Ademais, clasifícanse as diferentes maxistraturas existentes e analízanse os poderes que posuía cada unha.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura
Mércores, 28 de Outubro de 2009.
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212