Resumo dos principios do sistema tributario romano que comeza cunha ampla introducción na que se relacionan as palabras de Cicerón coa actualidade. Prosigue relatando a clasicidade do léxico fiscal e tributario romano atendendo á linguaxe propia deste ámbito. Continúa cunha exposición dos instrumentos de política financeira e dos fundamentos da imposición fiscal.
Finaliza cunha enumeración dos principios informadores do sistema tributario: proporcionalidade e capacidade económica; igualdade e xeneralidade; benignidade, humanidade e equidade; legalidade; indispoñibilidade; obxectividade e seguridade xurídica; razoabilidade e utilidade común; e preclusividade.