Os diversos e importantes cambios xurídicos e políticos producidos no sistema autonómico español como consecuencia do que se dou en chamar a segunda descentralización aconsellan unha reflexión en profundidade, feita por profesionais do dereito constitucional de primeira liña, tanto sobre a natureza e funcionamento do noso sistema de descentralización territorial, como sobre o seu proceso de evolución nas tres últimas décadas e as súas perspectivas de futuro a curto e medio prazo. Este curso pretende, nesa liña, ofrecer aos participantes unha panorámica xeral dos cambios acontecidos nos últimos anos no Estado das autonomías español, do debate sobre a coherencia deses cambios coas previsións da Constitución española de 1978 e do xeito en que é previsible que evolucione o sistema español no próximo futuro.
SANTIAGO |
Intervención de don Pablo Dorrego Figueroa, Director Xeral da Escola Galega de Admistración pública (EGAP), introducindo o contido das xornadas
Intervención de don Alfonso Rueda Valenzuela, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, inaugurando as xornadas e facendo referencia á actualidade do contido das mesmas.
Intervención de don Roberto Blanco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago de Compostela (USC), presentando a don Francisco Rubio LLorente, catedrático de Dereito Constitucional e Presidente do Consello de Estado.
O momento no que nos atopamos é froito da terceira ondada de reformas estatutarias, cas iniciativas vasca se catalanas das reformas dos seus estatutos, nas que o dereito á autonomía convértese nun equivalente ao dereito á liberdade, e na que por primeira vez na historia constitucional os dous grandes partidos non parten do consenso, senón dunha iniciativa nacionalista que reivindica ante todo a identidade do territorio ao que representa, inclúen declaracións de dereitos e introducen algunhas normas que impoñen ao Estado obrigas en canto á financiación da comunidade e ó investimento que ha de realizar na mesma. Este sistema sumamente restrictivo, sumado ó incremento dos sentimentos nacionalistas e particularistas en todo o Estado, fan de este unha institución débil escasamente eficaz e cunha democracia sumamente opaca que despista ao cidadán.
O futuro do mesmo atópase ou ben nunha política inmobilista ou que inclúa normas de regulamento dos procedementos de reforma dos estatutos nas Constitución Española, ou substituír a actual división territorial por unha federalista.
O rumbo tomando na reforma total do estatuto catalán, aprobado polo congreso e que depende da sentencia do Tribunal Constitucional, provocando o desprestixio do mesmo, non é o adecuado para a resolución dos problemas do estado das autonomías, posto que non se emprende por necesidades reais nin demanda social, senón por razóns ideolóxicas nacionalistas, partidistas e electoralistas, que tentan crear elementos asimétricos en relación co territorio, o que disgrega á poboación do Estado.
As reformas estatutarias non poden partir do pacto entre un partido maioritario e as partes interesadas porque estes teñen intereses contrapostos, senón que han de tomarse consenso entre todas as partes, tal e como se fixo ó longo da historia das reformas estatutarias.
No Estado conviven dúas circunstancias que fan dificilmente estabilizable o mantemento dun sistema territorial aberto como o que marca a Constitución Española, que xera crises canto máis nos achegamos ao ámbito competencial, agravado ao máximo polo sistema electoral que fai que partidos pequenos sexan chave dos grandes cando estes non conseguen maiorías absolutas, feito reflectido na segunda ondada de reformas estatutarias.
Atopámonos inmersos nunha terceira na que o Tribunal Constitucional ten a última palabra acerca do estatuto catalán, feito que deberá de afronta en liberdade sen ter en conta os cambios políticos que poida ocasionar a súa decisión, posto que o que se está a xulgar é a futura cohesión do estado dado que a sentenza servirá de base a outras comunidades autónomas para a reforma dos seus propios estatutos.
Euskadi goza da máxima autonomía tanto competencial como institucional que permite a Constitución Española, ademáis de recoñecerlle a dimensión foral, o que permitiu durante moitos anos que a autonomía vasca funcionase como tal pese ás súas dificultades políticas externas como o pluralismo político esaxerado que propiciaba os gobernos de coalición, e a relación dalgunhas forzas políticas con ETA, inda que sempre sen reunciar ás súas ansias de autonomía, agravada por tantos anos de goberno nacionalista, tralo que mesmos e produce unha renuncia á simboloxía do estado e se fai alusión á política represiva de este.
Actualmente atopámonos nun serio intento de levar a cabo unha xestión política normal na que se quere por fin á situación de excepción actuando con instrumentos democráticos ante a violencia e negándolle a representación en espacios públicos aos partidos relacionados con esta. O grande reto do goberno do estado é manexar este tema tentando non quitarlle de raiz a primeira liña de protagonismo político que sempre tivo euskadi, e tapar o oco ideolóxico do nacionalismo con características identitarias propias.
O senado considerouse como unha peza clave no proceso do estado autonómico porque deste dependía a integración dos nacionalismos, pero analizando a súas funcións e composición en contraposición cas do Congreso, as diferenzas non reflicten máis ca unha tenue vinculación territorial,menor da que se lle presupoñía nun principio, e ás que as forzas políticas foron incapaces de darlles protagonismo ao longo do tempo.
Deben de introducirse melloras dende o punto de vista técnico, e aceptar a nova realizada xurídica e política, renunciando á que a cámara de representación territorial signifique algo máis ca un conxunto formado por segundas cámaras autonómicas, e que a capacidade de chegar a acordos entre as comunidades autónomas non depende da configuración territorial, senón da clase política.
Enumeración dos temas tratados nas xornadas e conclusións ás que se chegaron. Agradecementos aos relatores e asistentes, e desculpas de man de Alberto Nuñez Feijoo, Presidente da Xunta de Galicia, pola imposibilidade de asistir á clausura das xornadas, tal e como indicaba no programa.
Agradecementos e conclusións de don Roberto Blanco Valdés, coordinador das xornadas.