Analizar en detalle todas as cuestións relativas á reforma da Seguridade Social e do Dereito do Traballo, así como á reestruturación da Administración Pública Central Autonómica, local e institucional no campo do emprego público, das relacións laborais, da Acción Social, Asistencia Social e Réximes complementarios da Seguridade Social. Avaliar as máis recentes reformas do Dereito Social.
SANTIAGO |
Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública. Germán Barreiro González, Catedrático de Dereito do Traballo, Universidade de León. Alfonso Rueda Valenzuela, Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Antonio Almansa Bernal, letrado xefe da Seguridade Social de Málaga. Profesor de Dereito do Traballo. Universidade de Málaga.
Germán Barreiro González, catedrático de Dereito do Traballo. Universidade de León.
Revisión crítica do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) que apunta a unha clara desigualdade entre a regulación dos deberes e dos dereitos dos traballadores da administración. Arguméntase a necesidade de reconstrucción das regras que regulan as obrigas dos empregados públicos tendo en conta os principios de dilixencia, obediencia e boa fe; e de exame dos códigos de conducta realizando as modificacións precisas para solucionar a falta de simetría e de compromiso mutuo. Tamén se analiza a mala imaxe das administracións públicas e dos intereses públicos.
Análise das implicacións do Estatuto Básico do Empregado Público na mobilidade laboral dos traballadores. Inclúe un resumo dos diversos supostos tendo en conta a posibilidade de realizar un traballo de diferente categoría (tanto inferior como superior), as retribucións, o cobro de dietas, os traslados e desprazamentos voluntarios e obrigados, e as diferenzas entre funcionarios e persoal laboral. Finalmente faise unha revisión dos traslados por razón de violencia de xénero, por motivos de saúde e rehabilitación, como sanción e a mobilidade voluntaria.
Participacion e representacion dos empregados publicos.
A poligamia e os seus efectos no ordenamento xuridico español.
Luis Gómez de las Heras revisa desde un punto de vista histórico as diferentes reformas da Seguridade Social, partindo do seu nacemento como sistema ata a época actual. Tamén ofrece unha visión de futuro na que se pretenderá evitar o deterioro das actuais prestacións para conseguir un sistema sostible no tempo. Toribio Malo Malo fala do tratamento xurídico do persoal ao servizo da seguridade social, abordando a natureza da xestión, a cobertura orzamentaria e a súa relación coas comunidades autónomas. Fernando Manrique López reflexiona sobre o atraso da idade de xubilación e as repercusións económicas da medida. Blas Oliet Palá fai un resumo dos cambios que sufriron as pensións de viuvez e orfandade como consecuencia dos cambios sociais das últimas décadas. Tomás Arrieta de las Heras diserta sobre os problemas estruturais da seguridade social, o endurecemento dos requisitos e a contía económica das prestacións.
Antonio Almansa Bernal. Letrado xefe da Seguridade Social de Málaga. Profesor de Dereito do Traballo. Universidade de Málaga. Toribio Malo Malo. Letrado da Seguridade Social. Secretario xeral do Servizo Xurídico da Seguridade Social. Tomás Arrieta de las Heras. Letrado da Seguridade Social. Presidente do Consello de Relacións Laborais de Euskadi. Luis Gómez de las Heras. Letrado da Seguridade Social. Profesor de Dereito do Traballo. Universidade de Castilla-La Mancha. Avogado. Blas Oliet Palá. Letrado da Seguridade Social. Director dos servizos xurídicos de Repsol. Fernando Manrique López. Letrado da Seguridade Social. Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Universidade de Deusto.
Exposición da relación entre os dereitos dos cidadáns ante as administracións públicas, partindo do concepto de cidadán. Inclúe un análise dos artigos 35 e 36 da lei 30/1992, explicando con detalle a tramitación de procedementos e o uso das linguas oficiais nas institucións. Finalmente abórdanse os dereitos dos cidadáns á hora de relacionarse coa administración a través de medios electrónicos.
Análise do artigo 96 do apartado 2 do Estatuto Básico do Empregado Público, que fai referencia á readmisión do persoal laboral fixo en caso de despido improcedente. Faise unha revisión do contexto no que aparece esta lexislación e da xurisprudencia xurdida nos últimos anos. Tamén realiza unha análise comparada dos traballadores públicos co sector privado e cos autónomos, e da situación en diferentes países da Unión Europea e os Estados Unidos.
Análise da reforma procesual do ano 2010 centrada nos procesos de oficio, que serven para establecer un punto de conexión entre o administrativo e o laboral. Ademais realízase unha crítica do tratamento semántico que se dá ao texto e preséntanse casos prácticos. Finalmente explícanse as principais consecuencias e carencias da reforma.
Breve análise sobre os paralelismos, diferencias e contrastes entre a lexislación sobre igualdade de xénero española e xermana. Fai referencia ás principais actuacións lexislativas nos dous países tendo en conta elementos como a aplicación de cotas ou a relación da lei coa Constitución.
Presentación do libro Homenaxe a Manuel Peláez Nieto, letrado da Seguridade Social e letrado do Consello de Estado. Laureano Peláez Albendea. Antonio Almansa Bernal. Letrado xefe da Seguridade Social de Málaga. Profesor de Dereito do Traballo. Universidade de Málaga. Pablo Dorrego Figueroa, Director Xeral da Escola Galega de Admistración pública (EGAP) Leopoldo Calvo-Sotelo.
Presentación da Seguridade Social como un servizo público que se pode considerar a máxima expresión do estado de benestar e que ten como finalidade conseguir a cohesión social. Este condiciona a política dos servizos sociais de xeito que non é posible sen a concepción do estado. Ademais faise referencia ás implicacións da fragmentación do poder central, que inflúe e condiciona a persistencia do sistema de nación protectora da administración e das prestacións.
Análise do actual sistema nacional de saúde destacando tanto os puntos positivos como aquelo que é preciso mellorar. Elóxianse as calidades de equidade, universalidade, igualdade e calidade técnica do servizo sanitario público. Tamén se aporten ideas para melloralo e resáltase a necesidade de cambios estruturais para evitar o empeoramento da calidade e equidade do sistema a medio e longo prazo. Finalmente alúdese á posibilidade de crear operadores privados ou ao fomento dos seguros privados pero cunha maior transparencia no sistema.