Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU10005 - Seminario sobre a discrecionalidade no exercicio das potestades de planificación, xestión e disciplina urbanística
Imaxe Curso/Xornada

As competencias en materia de urbanismo comprenden as potestades de planeamento, de xestión e execución de instrumentos planificadores, de intervención no mercado de solo, e de disciplina urbanística. No exercicio destas potestades as administracións públicas gozan dun amplo marxe de discrecionalidade administrativa que lles permite optar entre varias opcións xuridicamente indiferentes. Non obstante, estas potestades urbanísticas non poden ser exercidas arbitrariamente, senón que están sometidas a limitacións e controis.

E así, a lei establece determinadas limitacións coa finalidade de garantir os dereitos constitucionais dos cidadáns en relación co territorio, sexan ou non propietarios do solo, en especial o dereito a un medio urbano e natural adecuado para o desenvolvemento da persoa (art. 45 da CE), o dereito ao acceso a unha vivenda digna (art. 47 da CE) e o dereito de participación nos asuntos públicos.

E tamén establece limitacións para garantir os dereitos dos propietarios do solo, determinando o seu estatuto xurídico básico e os dereitos de igualdade e de participación da comunidade nas plusvalías xeradas polo plan.
O obxectivo deste seminario e coñecer o alcance das potestades de planeamento, de xestión e de disciplina urbanística, as súas limitacións e condicionamentos xurídicos.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
08/03/2010
Fin
09/03/2010
Prazas
298
Programa
O sistema urbanístico de Galicia. Principios básicos: Utilización racional do solo. Participación da comunidade nas plusvalías xeradas polo plan. Xusta distribución de beneficios e cargas. Participación cidadá. Hipólito Pérez Novo, Director da axencia de Protección da legalidade urbanística
Martes, 8 de Marzo de 2011.

O dereito urbanístico atópase nun equilibrio inestable entre potestades administrativas dirixidas a realizar os intereses xerais do conxunto dos cidadáns, e as garantías necesarias dos dereitos destes e dos propietarios do solo. A ordenación e ocupación dos solos, a actividade de transformación urbanística e as relacións xurídico-económicas entre os operadores urbanísticos son os obxectivos do urbanismo. Para acadalos, hase de seguir un procedemento secuencial, levándose a cabo a ordenación urbanística, tendo en conta a propiedade privada do solo, a decisión pública sobre os usos e a ocupación do mesmo que se establece a través do planeamento urbanístico, a transformación urbanística do solo, requirindo para tal fin a previa aprobación do planeamento urbanístico que urbanístico que conteña a ordenación detallada, o conxunto de operacións necesarias para executar as previsións do plan, algunhas delas de caracter xurídico ou material, o planeamento da actividade de edificación, e por último a ocupación e utilización da mesma.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Os Dereitos dos cidadáns en relación co territorio: o dereito a vivir nun medio adecuado para o desenvolvemento da persoa. O dereito ao acceso a unha vivenda digna. Os dereitos de participación e de información. A acción pública. Luis Pomed Sánchez, Letrado do Tribunal Constitucional
Luns, 8 de Marzo de 2010.

Revisión dos dereitos e deberes dos cidadáns tanto propietarios coma non, enumerados nos artigos catro e cinco do texto refundido da lei do solo de 2008, (Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 xuño), en relación ca sensación da existencia da “hiperconstitucionalización” do dereito español, advertíndose a tendencia de converter calquera conflito nun problema xurídico de orde constitucional, co carácter negativo que leva consigo, ao reducila marxe de decisión do lexislador, ao que non lle corresponde declaralos, senón concretar o réxime xurídico dos dereitos, e depurar os deberes concretándoos en cargas, cuxo incumprimento poida ser esixido , ou do que derivasen consecuencias.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A discrecionalidade no exercicio da planificación urbanística. Limitacións legais. Os mecanismos de control de legalidade e de calidade. Alcance da intervención da administración autonómica. Garantía dos cidadáns e dos propietarios do solo. Eva Desdentado Daroca, profesora da Universidade de Alcalá de Henares
Luns, 8 de Marzo de 2010.

A ordenación urbana caracterízase por ser unha potestade altamente discrecional. O planificador conta cunha amplísima marxe de decisión para configurar o modelo de territorio, enfrontándose a problemas tanto de concepto como de límite e poder xudicial. Os estándares urbanísticos, os convenios de planeamento e o caracter regulado das licenzas preséntanse como límites desta discrecionalidade, que no últimos anos reveláronse insuficientes, tendendo actualmente ao urbanismo sostible baseado no principio de transversalidade de determinados dereitos e valores da cidadanía, o que confire unha nova pegada á planificación urbanística, e obriga a introducir novas metodoloxías e variables pouco tidas en conta ata agora.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

O estatuto xurídico da propiedade do solo. Facultades urbanísticas. Apropiación do aproveitamento urbanístico. Deberes e cargas urbanísticas. Cesión, urbanización e equidistribución. O papel do empresario promotor da actividade urbanística. Juan Raposo Arceo, Profesor da Universidade da Coruña (UDC)
Luns, 8 de Marzo de 2010.

O urbanismo é un campo enormemente dinámico, sendo tanto as políticas públicas como privadas cualificadas de entorpecedoras pola xurisprudencia do Tribunal Supremo.  Existe un problema de interacción entre o Real Decreto Lexislativo  2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo, de ámbito nacional, e a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección del Medio Rural de Galicia, en canto á calificación dos solos. Estas normas definen o estatuto xurídico básico da propiedade, xunto a outros criterios e formas de utilización do solo, a transmisión de fincas e o dereito á información. O proceso de xestión urbanística precisa dende o punto de vista subxectivo do titular da propiedade, da administración e do empresario, e dunha normativa clara que encadre as actuacións de todos eles. Nestes momentos estase a tramitar unha nova modificación que dotará de seguridade xurídica ao sector.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

Desviación de poder e a apropiación indebida de aproveitamento urbanístico lucrativo. Hipólito Pérez Novo, director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
Luns, 8 de Marzo de 2010.

A corrupción urbanística é o exercicio abusivo de potestades para obter plusvalías indebidas, en beneficio propio ou de determinados propietarios ou promotores do solo. Confórmase polo abuso de poder entendido como o exercicio de potestades administrativas para fins distintos dos que fixa o ordenamento xurídico, e a apropiación indebida do aproveitamento urbanístico lucrativo, dada pola atribución de edificabilidade para un uso ou usos determinados susceptibles de apropiación privada, que terá consecuencias xurídicas, económicas, sociais e ambientais, polo que a lei establece uns límites que se concretarán no planeamento urbanístico. O Informe de fiscalización sobre o urbanismo nos concellos, elaborado polo Consello de Contas de Galicia (2003) e o Informe Auken, aprobado polo Parlamento Europeo (2009), así coma numerosas sentenzas tratan o tema.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Docs

O control xurisdiccional das potestades urbanísticas. Medidas preventivas. Execución das sentenzas. Enrique García LLovet, Maxistrado do xulgado contencioso administrativo nº 2 da Coruña
Luns, 8 de Marzo de 2010.

As sentenzas dos órganos administrativos cando son favorables ás teses que mantén a administración en ocasións non son ben recibidas, feito que se trasladará ao plano da execución das mesmas, nacendo así unha deficiente comprensión do que é a orde de lexitimación do exercicio do poder público por parte dos entes que integran a administración pública. O exercicio da potestade discrecional incorpora no ordenamento xurídico unha carga para o titular desa potestade, que é a esixencia constitucional e legal de motivar o exercicio da mesma. O problema do control xurisdiccional das potestades de planeamento desprégase en dous planos distintos e sucesivos que actúan como elementos de control sobre os feitos determinantes, e concrétanse en parte na memoria vinculante que ha de achegarse a tódolos instrumentos de planeamento. En moitas ocasións, a execución de sentenzas de contratos administrativos nas que se declara a nulidade da licenza ou unha demolición trata de eludirse a través da potestade de planeamento da administración, xa sexa pola contestación social que provoca, ou polos costos económicos da execución, feito impugnable a través do propio instrumento de planeamento, ou da nova licenza que legalice a obra.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Os delitos urbanísticos. Outros delitos relacionados coa actividade urbanística. Juan Raposo Arceo, Profesor da Universidade da Coruña (UDC) e Antonio Vercher Noguera, Fiscal coordinador de medio ambiente e urbanismo
Luns, 8 de Marzo de 2010.

A Vixente constitución Española articula como dereito o acceso á vivenda digna, e obriga ás autoridades a evitar a especulación do solo, ademais de deixar claro que o medio ambiente é un dereito e un deber para todos os españois, cuxa xestión corresponde á administración, e que  as infraccións graves que versen sobre este tema han de ser tratadas polo dereito penal, o que da lugar á aplicación. Dende1995 o Código Penal incorpora o delito urbanístico. A Directiva 2008/99/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 19 de novembro, relativa á protección do medio ambiente  establece medidas relacionadas co dereito penal para protexer con maior eficacia o medio ambiente

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Mesa Redonda: A limitación da discrecionalidade no exercicio das potestades urbanísticas.
Luns, 8 de Marzo de 2010.

Invervención de Don Antonio Roma Valdés, sobre supostos confusos acerca de autorizacións administrativas en materia de urbanismo que tramitaron na xurisdicción penal vía fiscalía, tanto porque a administración trasladou o expediente, como por denuncias de particulares.

Intervención de don Antonio Vercher Noguera comentando as novidades do proxecto de lei do código penal na parte relativa aos delitos de ordenación do territorio e o urbanismo.

Intervención de don Juan Raposo Arceo facendo unhas breves consideracións sobre o seminario e o seu contido.

Intervención de don Enrique García LLovet manifestando a súa preocupación pola cualificación dos xuíces á hora de tratar os delitos urbanísticos.

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura.
Luns, 8 de Marzo de 2010.

Interven nesta ponencia, María Encarnación Rivas Díaz, Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212