Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  •  Primeira convocatoria de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica

    A Escola / Xoves, 20 de Febreiro de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 170 actividades de formación continua e 6.699 prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
  • Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

    A Escola / Xoves, 20 de Febreiro de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca tres edicións do curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

  • A xurista Susana de la Sierra destaca na EGAP a importancia do uso da intelixencia artificial na Administración pública mantendo sempre a decisión nas persoas

    A Escola / Xoves, 20 de Febreiro de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde a conferencia A intelixencia artificial e control das Administracións Públicas, a cargo da catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Castela-A Mancha, Susana de la Sierra. Esta actividade formativa, na que participaron máis dun cento de empregados públicos, encádrase no ciclo de conferencias Cuestións de actualidade no ámbito da Administración pública, da súa organización e do seu funcionamento organizado pola Escola.
  •  Convocadas as actividades de formación continua en materia de idiomas

    A Escola / Venres, 14 de Febreiro de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 47 actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  • Curso de formación en prevencion riscos laborais

    A Escola / Mércores, 12 de Febreiro de 2025.

    Curso de formación en prevencion riscos laborais de caracter obrigatorio para o persoal dos centros de traballo de menos de 50 traballadores/as incluídos na programación do Servizo de Prevención de Riscos Laborais para o ano 2025 na provincia de Pontevedra e o persoal do edificio Administrativo da cidade de Pontevedra (Campolongo)
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 9 de 86
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212