Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e ATRIGA reforzan a formación dos empregados públicos para lograr un sistema tributario autonómico máis eficaz

    A Escola / Venres, 7 de Marzo de 2025.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública (Egap), Sonia Rodríguez-Campos, destacou a importancia da formación especializada en materia tributaria dirixida ao persoal empregado público para fortalecer a confianza nas institucións e lograr un sistema tributario autonómico máis eficaz. Fíxoo no marco da clausura da primera edición do curso monográfico Actualización de criterios de actuación no ámbito tributario autonómico galego, organizado conxuntamente coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga). No acto de clausura tamén asistiu a directora da Atriga, Sonia Lafont Sendino.
  • Convocatoria de actividades de formación do marco galego de competencias dixitais COMDIX

    A Escola / Venres, 7 de Marzo de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 49 actividades de formación e 5.400 prazas correspondentes á formación dirixida ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
  • Convocatoria de actividades de formación dirixidas ao persoal da administración local da Comunidade Autónoma de Galicia

    A Escola / Xoves, 6 de Marzo de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 39 actividades de formación 1.722 prazas correspondentes a formación dirixidas ao persoal da administración local da comunidade autónoma de Galicia
  •  Primeira convocatoria de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica

    A Escola / Xoves, 20 de Febreiro de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 170 actividades de formación continua e 6.699 prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
  • Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

    A Escola / Xoves, 20 de Febreiro de 2025.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca tres edicións do curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 16 de 93
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212