Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Convocadas as actividades de formación continua en materia de idiomas

    Cursos / Mércores, 14 de Febreiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 47 actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
  • Curso monográfico sobre custos simplificados nos fondos europeos do Marco 2021-2027

    Cursos / Mércores, 14 de Febreiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto Galego de Economía Pública de Galicia e en colaboración coa Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos, convoca un curso dirixido a formar o persoal dos organismos xestores dos programas de fondos europeos no ámbito das opcións de custos simplificados recollidas na normativa de aplicación aos fondos europeos do Marco financeiro plurianual 2021-2027, así como o persoal de todas aquelas unidades administrativas que participan no proceso de elaboración e aprobación de bases reguladoras e convocatorias de axudas cofinanciadas con fondos europeos.
  • Cursos de prevención de riscos laborais, nivel básico

    Cursos / Xoves, 1 de Febreiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca tres edicións do curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
  • Curso superior de técnico de urbanismo 2024/25

    Cursos / Xoves, 25 de Xaneiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o Curso superior de técnico de urbanismo 2024/25 co obxectivo de que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e habilidades que o capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e responsabilizarse dos procesos de xestión do solo
  • Cursos de lingua inglesa para o persoal do Igape

    Cursos / Xoves, 25 de Xaneiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica, cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa dirixidos ao persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape. 
  • AnteriorSeguinte 
    Pax 1 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212