Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos de lingua inglesa para o persoal do Igape

    Cursos / Xoves, 25 de Xaneiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica, cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa dirixidos ao persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape. 
  • Convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Xoves, 18 de Xaneiro de 2024.

    A EGAP convoca un total de 30 edicións e 750 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, dirixidas ao persoal empregado público destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e ao PAS das universidades galegas.
  • Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    Cursos / Mércores, 17 de Xaneiro de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio co Consello Consultivo de Galicia, convoca 16 actividades en teleformación dirixidas ao persoal empregado público.
  • Publicado o Plan de formación para o ano 2024

    Cursos / Mércores, 10 de Xaneiro de 2024.

    O DOG do 10 de xaneiro recolle o Plan de formación para o ano 2024 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, do persoal ao servizo das entidades locais, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, do persoal de administración e servizos das universidades galegas, así como as actividades enmarcadas no portal de idiomas, o Plan de formación igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, as actividades de formación en competencias dixitais (ComDix), o programa de formación do Instituto de Economía Pública de Galicia e o programa de autoformación, dirixido a todos os destinatarios mencionados.
  • Cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Venres, 27 de Outubro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio con Cualtis SLU, convoca dúas edicións dun curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación; dirixido ao persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que ostente a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, da Residencia de Maiores da Estrada (Pontevedra).
  • AnteriorSeguinte 
    Pax 2 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212