A través do convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Consello Consultivo de Galicia convócanse dúas actividades formativas destinadas aos empregados públicos das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos destacou hoxe a importancia da formación sobre contratación pública para lograr unha Administración máis transparente e eficiente.
A EGAP, a través do convenio asinado coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, convoca un curso de conversa en portugués para o persoal da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.
A EGAP convoca no DOG do 30 de agosto un total de 21 edicións formativas e 1025 prazas destinadas ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico.