Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de formación en prevención de riscos laborais: mobilización de residentes

    Cursos / Xoves, 5 de Outubro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio con Cualtis SLU, convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: mobilización de residentes, dirixido ao persoal de atención directa do CAPD de Redondela.
  • A EGAP analiza os retos do emprego público no século XXI

    Cursos / Xoves, 5 de Outubro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde unha sesión formativa dirixida a analizar os retos do emprego público no século XXI. Esta acción enmárcase dentro do curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia, dirixido ao persoal directivo e predirectivo da Administración autonómica, que desde o mes de abril está a formar a 30 persoas en materias coma a comunicación, as novas tecnoloxías, a xestión de recursos humanos ou a economía pública. 
  • Taller práctico sobre elaboración e aplicación de quendas de traballo en centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude

    Cursos / Venres, 29 de Setembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un taller práctico sobre elaboración e aplicación de quendas de traballo en centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude coa finalidade de analizar a incidencia da normativa sectorial en materia de servizos sociais na xestión dos recursos humanos, alén do novo acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia así como impartir formación práctica para a elaboración das carteleiras adaptadas ás novas condicións laborais do persoal a quendas.
  • Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre notificacións electrónicas

    Xornadas / Venres, 29 de Setembro de 2023.

    A EGAP convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, unha nova xornada de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas que terá lugar o martes 10 de outubro. 
  • Convocatoria de actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix

    Cursos / Luns, 25 de Setembro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca as actividdaes formativas dirixidas ao persoal empregado público das administracións públicas de Galicia en competencias dixitais no ano 2023, no contexto do Marco galego de competencias dixitais ComDix.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 12 de 243
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212