Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra

    A Escola / Luns, 15 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con Cualtis SLU, convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: “Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación”, para o persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra.
  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024

    A Escola / Venres, 12 de Abril de 2024.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar ás letras galegas, e especialmente este ano a Luisa Villalta Gómez, convócase, un ano máis, o concurso de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • Convocatoria de cursos do Plan de Formación para o persoal dos centros de Atención a Mulleres e Vítimas de Violencia de Xénero de Galicia

    A Escola / Xoves, 11 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Acordo de colaboración subscrito coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade , convoca 8 actividades de formación e 450 prazas dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos Centros de Información á Muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); dos centros de acollida integrantes da Rede galega de acollemento; das Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito de Galicia; así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Secretaría Xeral da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das Xefaturas Territoriais das Delegacións da Xunta.
  • Convocatoria do Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia.

    A Escola / Xoves, 11 de Abril de 2024.

    Ao abeiro do convenio de colaboración subscrito no ano 2024 entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante Amtega) convócase o Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia.
  • Convocatoria de actividades de formación do marco galego de competencias dixitais COMDIX

    A Escola / Xoves, 4 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 18 actividades de formación e 10.849 prazas correspondentes á formación dirixida ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 14 de 254
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212