A Escola Galega de Administración Pública convoca para o 20 de decembro unha xornada que ten por obxecto analizar, desde unha perspectiva práctica, as operacións de contabilidade pública que realizan as entidades locais no fin do exercicio orzamentario, tanto desde un punto de vista económico como orzamentario e patrimonial.