Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico Axustes de contabilidade nacional en contas autonómicas

    Cursos / Martes, 23 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia convoca un curso monográfico para dar a coñecer as habilidades necesarias para aplicar os axustes na contabilidade orzamentaria que prevé o Sistema europeo de contas (SEC) e os criterios da Oficina Nacional de Contabilidade ao respecto.
  • A EGAP modifica as bases e as condicións xerais de participacion nas actividades formativas

    A Escola / Martes, 23 de Maio de 2023.

    A EGAP publica unha actualización dos criterios de participación nas actividades docentes da Escola coa finalidade de conseguir unha maior racionalidade e aproveitamento da formación e facilitar o acceso a esta de todo o persoal ao servizo da Administración pública.


  • Taller de avaliación de políticas públicas

    Cursos / Luns, 22 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do nstituto de Economía Pública de Galicia, convoca un taller na modalidade de telepresenza co obxectivo principal de abordar a avaliación das políticas públicas, tanto desde un punto de vista teórico como práctico.
  • Webinario As claves para a definición dun estatuto do persoal directivo público profesional

    Xornadas / Luns, 15 de Maio de 2023.

    A EGAP convoca, no marco do Ciclo de conferencias sobre presente e futuro do emprego público na Administración pos-COVID, un webinario dirixido a analizar a figura do directivo público profesional, escasamente desenvolvida en España a partir das previsións do Estatuto básico do empregado público, expoñendo a recente regulación da figura nalgunhas comunidades autónomas e no dereito comparado. Así mesmo, apuntaranse as claves de conformación dun estatuto do directivo profesional a partir das recomendacións da OCDE.
  • Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra de Galicia

    Cursos / Luns, 15 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración pública convoca, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un curso superior e un curso medio de linguaxe xurídica galega na modalidade de teleformación. Ambas as actividades van dirixidas ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 19 de 244
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212