Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de Formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal de distintos centros de traballo de Ourense.

    A Escola / Xoves, 18 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con Cualtis SLU, convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: “Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación”, para o persoal de distintos centros de traballo de Ourense; Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense, Avenida de Zamora 13, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia en Ourense (ISSGA), Servizo de Montes, Servizo de Prevención de Incendios Forestais, Distrito Forestal XII, emprazados no centro de traballo sito na rúa Villaamil e Castro, s/n e Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), rúa do Progreso 117.
  • Curso de formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal dos seguintes Centros de Traballo de A Coruña: Edificio Administrativo Monelos, Edificion Administrativo Amizar e Edificio Administrativo de Sanidade

    A Escola / Mércores, 17 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con Cualtis SLU, convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: “Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación”, para o persoal dos seguintes centros de traballo de A Coruña: Edificio Administrativo de Monelos, Edificio Administrativo Amizar e Edificio Administrativo de Sanidade.
  • Curso de formación en Prevención de Riscos Laborais para o persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra

    A Escola / Luns, 15 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do convenio subscrito con Cualtis SLU, convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: “Formación en Prevención de Riscos Laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación”, para o persoal do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de Pontevedra.
  • Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024

    A Escola / Venres, 12 de Abril de 2024.

    Como un máis dos actos que a EGAP organizará para honrar ás letras galegas, e especialmente este ano a Luisa Villalta Gómez, convócase, un ano máis, o concurso de literatura infantil e xuvenil co obxecto de que os nenos e nenas galegos teñan a oportunidade de demostrar a súa capacidade para redactar en lingua galega e de exercitar a súa imaxinación para concibir historias e desenvolver as súas habilidades neste idioma.
  • Convocatoria de cursos do Plan de Formación para o persoal dos centros de Atención a Mulleres e Vítimas de Violencia de Xénero de Galicia

    A Escola / Xoves, 11 de Abril de 2024.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Acordo de colaboración subscrito coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade , convoca 8 actividades de formación e 450 prazas dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente ás vítimas de todas as formas de violencia de xénero dos Centros de Información á Muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que sofren Violencia de Xénero (CRI); do Centro de Emerxencia para Mulleres en Situación de Violencia de Xénero (CEMVI); dos centros de acollida integrantes da Rede galega de acollemento; das Oficinas de Asistencia ás Vítimas do Delito de Galicia; así como ao persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Secretaría Xeral da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade das Xefaturas Territoriais das Delegacións da Xunta.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 21 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212