A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca para os días 20 e 21 de abril as xornadas O control externo local no exercicio 2022: balance práctico e recomendacións. Esta actividade consistirá nunha exposición das funcións básicas do Consello de Contas de Galicia desde a Área de Corporacións Locais, para, a continuación, efectuar exposicións, eminentemente prácticas, dos produtos elaborados no exercicio 2022, as súas conclusións e as principais recomendacións de mellora efectuadas. Esta visión complementarase coa exposición da experiencia doutros órganos autonómicos de control externo e o Tribunal de Contas Europeo.