Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    V Xornada de formación práctica dixital (E-martes)

    Xornadas / Xoves, 23 de Xaneiro de 2020.

    O próximo 4 de febreiro terá lugar na EGAP unha actividade formativa, dirixida tanto a empregados públicos coma á cidadanía, que constará dunha introdución xurídica (común) e posterior práctica nas aulas de informática da escola.


    Contidos:
    • Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia: notifica.gal
    • Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
    • Sede electrónica.
    Persoas destinatarias
    • O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
    • A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
    Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela
    Data: martes, 4 de febreiro de 2020
    Horario: mañá e tarde
    Duración: 6 horas lectivas
    Prazas: 50
    Matrícula: dispoñible das 8 horas do 24 de xaneiro ata as 23.55 horas do 28 de xaneiro en https://egap.xunta.gal/matricula

    Máis información no DOG do 23 de xaneiro ou na ficha do curso
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 834 de 1213
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212