Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Egap sinala o camiño a seguir en Código Cero

    Publicacións / Venres, 10 de Febreiro de 2012.

    Suso Baleato sinálanos un exemplo de boas prácticas dende unha plataforma web pública galega.


    Na comunidade tecnolóxica estamos tan afeitos á esaxeración e á grandilocuencia nas presentacións que as institucións adoitan facer dos seus proxectos tecnolóxicos que, ao final, optamos por non prestar atención ou observar dende a distancia e o escepticismo os novos lanzamentos cando saen á luz. O tradicional illamento e a obsolescencia que as iniciativas tecnolóxicas gobernamentais acostuman amosar, engadido aos habituais problemas de accesibilidade ou compatibilidade de estándares, acaban por inhibir a nosa participación e valorar negativamente esas iniciativas, sufragadas ademais cos nosos impostos.

    Porén a posta en marcha da nova plataforma web da Escola Galega de Administración Pública, a nosa EGAP, á vista en egap. xunta.gal, destaca xustamente por todo o contrario. Non se trata tan só da seriedade que caracterizou a súa elaboración, da que teño constancia, ou da mesura na súa presentación. Trátase de que, en troques de disimular con deseños superfluos e artificiosos a carencia real de contidos, a EGAP pon ao alcance das nosas mans xigabytes de conferencias, cursos e presentacións en formato multimedia, duplicando e perpetuando así o valor das actividades formativas e divulgativas previamente realizadas pola Escola.

    Trátase de que, en troques de reproducir na web as inercias e rixideces propias das burocracias administrativas, a EGAP retransmite eventos en directo, ábrese á interacción a traverso das redes sociais e ofrece un modelo de transparencia e accesibilidade tan necesario como infrecuente no noso país.

    En conclusión, do que se trata é de que a web da EGAP amosa o salto cualitativo que a nosa administración pública pode e debe dar, unha vez cruzado xa o albo do século XXI, sinalando o camiño do que debe ser un goberno electrónico aberto, transparente e participativo.

    Ogallá que o exemplo comece a estenderse nas restantes plataformas tecnolóxicas públicas ao tempo que retórica grandilocuente á que tan afeitos estamos comece a ser substituída por avanzos reais e servizos úteis para a cidadanía. Ogallá que o lema do director da EGAP “Formar para servir”, acabe converténdose nun “Gobernar para servir” no ámbito das nosas iniciativas tecnolóxicas. No entanto, e con estes bós desexos para darlle a benvida ao 2012, permítanme convidalos a visitar a nova web da EGAP: de seguro, non lles defraudará.

    Suso Baleato, Tecnólogo

  • Recursos
  •   Reportaxe en Código Cero  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 36 de 1224
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212