IX FORO INTERNACIONAL SOBRE AVALIACIÓN DA CALIDADE DA INVESTIGACIÓN E DA EDUCACIÓN SUPERIOR (FECIES)
A Escola Galega de Administración Pública acollerá entre o 12 e o 15 de xuño o IX Foro internacional sobre avaliación da calidade da investigación e da educación superior.
Esta actividade ten como finalidade cubrir unha oferta formativa especializada para coñecer a nova organización das ensinanzas universitarias; analizar e debater sobre a selección do profesorado contratado e funcionario; debater a situación do doutorado en España e na UE; coñecer os diferentes plans das universidades españolas para potenciar a investigación, a calidade e a converxencia europea; e coñecer as distintas ferramentas para avaliar a calidade da investigación científica.
A data límite de presentación de traballos é o 30 de marzo e poderanse facer propostas de presentación de comunicacións orais, escritas e simposios. Canto á inscripción consignáronse dous prazos con prezos diferentes: ata o 31 de marzo (150 euros) e a partir do 1 de abril (200 euros).
Máis información na web
http://www.ugr.es/~aepc/IXFORO/presentacion.html