Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Abre o prazo de matrícula para os cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da administración autonómica

    Cursos / Luns, 20 de Febreiro de 2012.

    A EGAP ofrece 33 cursos dos niveis medio e superior de Linguaxe administrativa galega, tanto na modalidade presencial como de teleformación.


    Esta convocatoria, publicada no DOG núm. 35 do 20 de febreiro de 2012, está aberta aos empregados públicos destinados na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou en excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

     

    En total a Escola convoca 33 cursos: 16 do nivel medio (12 en teleformación e 4 presenciais) e 17 do nivel superior (8 en teleformación e 9 presenciais).

     

    O prazo de matrícula rematará o día 29 de febreiro ás 14.00 horas. Ata ese momento pódese presentar unha solicitude a través da zona de matrícula da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula).

     

    Se ten dúbidas no proceso de matrícula lembre consultar a Guía de axuda para inscribirse nas actividades de formación da EGAP

    (http://egap.xunta.gal/Documentos/recursos/%5B1327402744%5Dresolve_dubidas_zona_matricula.pdf).

     

    Máis información no DOG. núm 35 do 20 de febreiro do 2012 ou nas nosas canles en Facebook e Twitter.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 38 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212