O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) organizan unhas xornadas sobre Ordenación urbanística e protección do medio rural en Galicia.
Esta actividade ten como obxectivo difundir as instrucións de aplicación da Louga, promulgadas pola Xunta de Galicia, e analizar a problemática que suscita a súa aplicación práctica.
As xornadas terán lugar no Salón de actos da EGAP, en Santiago de Compostela, o 2 de marzo de 2012 en horario de mañá e tarde.
Para información sobre a matrícula e o proceso de inscrición consulte este enlace http://www.coag.es/formacion/boletin_inscripcion.asp?id_curso=448