Ambas as dúas actividades formativas están destinadas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
A matrícula, que comeza o 6 de marzo ás 8.00 horas e remata o 16 de marzo ás 14.00 horas, deberá presentarse a través da Zona de matrícula da EGAP.
Curso de perfeccionamento de xefatura de sección:
Edicións: dúas Prazas: 45 por edición
Datas: do 9 de abril ao 15 de outubro
Duración: 120 horas
Datas das probas presenciais: 21 de maio, 12 de xullo e 15 de outubro
Curso de perfeccionamento de xefatura de negociado:
Edicións: dúas Prazas: 45 por edición
Datas: do 3 de setembro ao 26 de novembro Duración: 80 horas
Datas das probas presenciais: 8 de outubro e 26 de novembro