Escola Galega de Administración Pública
Xunta de Galicia - Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN EGAP ABERTA EGAP HOXE EGAP A MÁIS

AVISO E RECOMENDACIÓN: O seu navegador web (Internet Explorer 6) está obsoleto o cal pode provocar que certos elementos se mostren descolocados ou non se carguen correctamente. Ademáis, tampouco poderá ver ben, populares webs como Youtube ou Facebook, entre outras moitas. Recomendámoslle actualizar o seu navegador nos enlaces seguintes:

Internet Explorer Mozilla Firefox Google Chrome Apple Safari Opera
  • Imagen 1 de 7  

    Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo da conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres

    A Escola / Xoves, 8 de marzo de 2012.



    “Cada ano a Organización das Nacións Unidas celebra, no 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, unha data que no 2012 dedícase á promoción da mellora das condicións de vida das mulleres rurais que, na nosa Comunidade Autónoma, constitúen un alicerce clave no desenvolvemento do progreso e do futuro do noso pais.

    Temos que festexar esta data de recoñecemento mundial cunhas reflexións sobre os desafíos e oportunidades que cómpre enfrontar e impulsar para que, entre todas e todos, cheguemos a unhas cotas de igualdade real que reflictan a erradicación de calquera forma de discriminación por razón de xénero.

    As mulleres galegas demóstrannos, día a día, a súa grande capacidade intelectual e de traballo así como a súa participación cidadá activa e responsable sendo un piar fundamental da economía de Galicia. Aínda así, os avances no ámbito da consecución da igualdade real de oportunidades e de trato entre as mulleres e os homes necesitan reforzarse para superar os desequilibrios existentes.

    As condicións das mulleres en relación coas dos homes mostran varios signos de desequilibrio tanto no contorno das responsabilidades familiares como no laboral a nivel da contratación, da temporalidade no emprego, das diferenzas salariais e da escasa presenza feminina nos postos de planificación e dirección.

    A conciliación da vida laboral e familiar que segue a ser un tema pendente, necesita na súa resolución da participación responsable dos homes para que vaian cambiando os roles estereotipados cara ao exercicio dunha corresponsabillidade efectiva como instrumento que mude as brechas de xénero máis tradicionais, tanto no eido privado como no público.

    O goberno da Xunta de Galicia é consciente de que as mulleres son unha parte activa e imprescindible para que a nosa sociedade, neste contorno de grave crise económica, recupere o seu benestar económico, político e social, polo que, neste Día Internacional das Mulleres:

    -Declara o seu claro compromiso coas medidas dirixidas á consecución da equidade real entre as mulleres e os homes no escrupuloso respecto do principio constitucional de igualdade e da inclusión da perspectiva de xénero en todas as súas políticas tanto económicas como sociais.

    -Manifesta o seu recoñecemento e apoio ás persoas que, ben de forma individualizada, de maneira anónima, ou formando parte de grupos organizados e/ou asociacións, están a traballar pola consecución efectiva da igualdade de xénero.

    -Require a colaboración de toda a cidadanía galega, profesionais implicados, axentes sociais, empresariado, organizacións e asociacións para o establecemento e posta en práctica de medidas dirixidas ao establecemento dun modelo social máis igualitario como elemento indispensable na consecución dunha verdadeira cohesión social”

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 41 de 733
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Turismo de Galicia