A EGAP, FSP-UGT e AGAEC convidan a todos os empregados públicos da Administración xeral da Xunta de Galicia a participar nunha mostra aberta achegando unha obra artística ou literaria.
A Mostra admite as modalidades tradicionais (poesía, prosa poética, ensaio, teatro, conto, relato curto, pintura, escultura, fotografía, gravado, colaxe, debuxo, cerámica, tapiz, vídeo...) e calquera outra modalidade artística que implique a utilización de novas tecnoloxías ou materiais, maquetas, papiroflexia, etc. No caso das obras literarias existe un límite máximo de tres folios.
Para participar é preciso enviar a solicitude cunha fotografía persoal e outra do traballo que se presenta e unha ficha técnica da obra antes do 31 de marzo.
Máis información neste documento adxunto.
Bases EGAP 2012 |