Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Curso práctico sobre territorio e paisaxe en Galicia

    Cursos / Xoves, 15 de Marzo de 2012.

    Curso práctico sobre territorio e paisaxe en Galicia


    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia; coa Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe; e coa Dirección Xeral de Administración Local convocan un curso práctico sobre territorio e paisaxe en Galicia.

    Os obxectivos deste curso son achegar ao alumnado o contido da nova Guía de estudos de impacto e integración paisaxística, describir os aspectos máis destacados das Directrices de Ordenación do Territorio e do Plan de Ordenación Territorial, coñecer a influencia dos documentos anteriores e esixencias na tramitación administrativa da avaliación ambiental de proxectos e coñecer a estrutura e o funcionamento do Instituto de Estudos do Territorio.

    Esta actividade formativa está dirixida ao persoal da Administración local e autonómica de Galicia, que queiran formarse na aplicación práctica destes documentos; a técnicos que participen na redación de proxectos, que queiran ampliar os seus coñecementos sobre as DOT, o POL e coñecer a nova Guía de estudos de impacto e integración paisaxística, e a estudantes universitarios que desexen completar a súa formación en temas ambientais.

    Data: 26 e 27 de marzo
    Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
    Duración: 17 horas lectivas
    Horario: mañá e tarde das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 20.00 horas
    Prazo de presentación de solicitudes: 22 de marzo
    Publicación no DOG: 15 de marzo de 2012
    Envío de solicitudes: http://www.ciccpgalicia.es

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 43 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212