Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Informe de avaliación da satisfacción coa formación impartida pola EGAP no ano 2011

    Investigación / Xoves, 22 de Marzo de 2012.

    Ao abeiro do proxecto de implantación do Modelo EFQM de Excelencia na xestión da Escola Galega de Administración Pública, e cumprindo cos seus compromisos de calidade recollidos na Carta de Servizos, a EGAP realiza unha avaliación integral de todo o seu programa formativo.


    Os resultados desta avaliación recóllense no Informe de satisfacción coa formación impartida pola EGAP (2011) , froito da análise das 8.686 enquisas de satisfacción cumprimentadas polo alumnado, nas modalidades presencial e teleformación, así como das 566 enquisas cumprimentadas polos docentes e titores/as da Escola.

    Este informe presenta de forma estruturada e gráfica informacións referidas á satisfacción do alumnado cos cursos, á motivación do alumnado para participar nas accións formativas, así como á valoración da calidade da actividade formativa organizada pola Escola. Os resultados acadados apuntan ideas e conclusións útiles para mellorar a nosa oferta formativa ao mesmo tempo que dan a coñecer aos interesados/as a valoración dos cursos.

  • Recursos
  •   Informe de avaliación da satisfacción coa formación impartida pola EGAP no 2011  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 45 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212