Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP convoca os cursos de linguaxe xurídica galega

    Cursos / Martes, 28 de Febreiro de 2012.

    O DOG de hoxe publica a resolución pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza, que presten servizos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.


    Estas actividades formativas están dirixidas a xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios xudiciais, médicos forenses, funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza e persoal laboral con destino nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia; a letrados da Xunta de Galicia; a notarios, rexistradores da propiedade, avogados, procuradores e alumnos da Escola de Práctica Xurídica de Galicia; a profesores de linguaxe de signos e persoas incluídas nas bolsas de traballo para o nomeamento de funcionarios interinos da Administración de xustiza; así como tamén a aquelas persoas que acrediten ter superado o proceso selectivo para o ingreso nos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

    Número de solicitudes dispoñibles por persoa para esta convocatoria: 1

    Prazo: ata o 11 de abril ás 14 horas

    Matrícula: https://egap.xunta.gal/matricula/login.php

    Convocatoria: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2012/20120327/AnuncioO150-220312-13866_gl.html

    Non te esquezas de visitar as nosas canles no Facebook e no Twitter.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 47 de 1211
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212