Esta actividade pretende constituír unha canle de divulgación da doutrina sentada polo Consello Consultivo nas materias da súa competencia e permitir a apertura dun foro de debate, logo de transcorrer quince anos dende a súa creación.
Destinatarios: persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I, II e III ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia
Duración: 20 horas
Modalidade: presencial
Número de prazas: 25
Datas e horario: 29 e 30 de outubro, 5, 6, 7 e 8 de novembro de 2012; das 17.00 ás 20.00 horas
Lugar: sede do Consello Consultivo de Galicia, rúa Algalia de Abaixo 24, Santiago de Compostela
Presentación de solicitudes: egap.xunta.gal/matricula
Prazo de presentación: desde as 8.00 h do 29 de setembro ata as 14.00 h do 15 de outubro
Convocatoria DOG |