Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Abre o prazo de matrícula para o curso de Capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais

    Cursos / Venres, 28 de Setembro de 2012.

    Ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, a EGAP convoca un curso de Capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais.


    O curso ten como finalidade capacitar o persoal que opte a postos de inspección de servizos sociais ou que prestan apoio á inspección de servizos sociais nos coñecementos específicos dos diferentes ámbitos de actuación e nas habilidades necesarias para o correcto desenvolvemento destas funcións.

    Esta actividade formativa vai dirixida exclusivamente ao persoal funcionario dos grupos A1, A2 e C1 e persoal laboral dos grupos I e II con titulación universitaria nas ramas educativa, xurídica ou social ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Modalidade: mixta

    Duración: 120 horas (45 horas lectivas presenciais e 75 horas en liña)

    Datas: do 18 de outubro ao 12 de decembro de 2012

    Horario: xoves de 16.30 a 19.30 h e venres de 8.30 as 14.30 h

    Prazas: 40

    Matrícula: http://egap.xunta.gal/matricula/

    Prazo: desde as 8.00 h do 29 de setembro ata as 14.00 h do 10 de outubro

  • Recursos
  •   Convocatoria DOG  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 80 de 1198
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212