Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Tomás Ramón Fernández inaugura o Curso superior de técnico de urbanismo 2012

    Cursos / Xoves, 27 de Setembro de 2012.

    Tomás Ramón Fernández, catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid, ofreceu na EGAP unha conferencia sobre a aplicación da Directiva de servizos no dereito urbanístico, durante a inauguración do Curso superior de técnico de urbanismo 2012.


    Acompañárono neste acto, Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola Galega de Administración Pública, e María Encarnación Rivas Díaz, secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Durante a súa intervención, Sonia Rodríguez-Campos, lembroulles aos alumnos "que existe unha clara necesidade de formación especializada por parte dos que se dedican ao urbanismo, non só no ámbito da Administración pública, senón tamén entre os que desde as súas profesións privadas desenvolven os seus traballos neste ámbito". Ademais, destacou a importancia de "cursos coma este, verdadeiros encontros entre operadores do urbanismo", que "son aínda máis necesarios nun territorio como Galicia, con reformas lexislativas recentes, ao facilitar o necesario intercambio de pareceres entre profesionais".

    O Curso superior de técnico de urbanismo ten como finalidade que o alumnado adquira os coñecementos teórico-prácticos e as habilidades que os capaciten para actuar no mundo da ordenación do territorio e do urbanismo e para responsabilizarse dos procesos de xestión do solo.

    Nesta actividade, partirase da análise e do estudo pormenorizado da normativa de ordenación do territorio e urbanística, con especial atención á autonómica galega, combinando o estudo dos fundamentos teóricos cunha completa formación práctica que se fai imprescindible no ámbito da ordenación do territorio e do urbanismo.

  •   Anterior Seguinte  
    Pax 81 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212