Esta actividade formativa ten como finalidade impartir unha formación de carácter eminentemente práctico sobre como implantar e aplicar a Lei orgánica 2/2012, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, no ámbito local para conseguir resolver as dúbidas e problemas que están xurdindo na súa aplicación.
Este curso vai dirixido a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter estatal e a funcionarios do grupo A1 ao servizo da Administración local de Galicia.
Duración: 17 horas
Lugar: Deputación Provincial de Pontevedra, avda. Montero Ríos, s/n. Datas: 29, 30 e 31 de outubro de 2012
Horario: das 9.30 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.00 horas (os días 29 e 30), e das 9.30 ás 13.30 horas (o día 31)
Prazas: 100
Matrícula: http://egap.xunta.gal/matricula
Prazo de matrícula: desde as 8.00 horas do 2 de outubro ata o 15 de outubro ás 14.00 horas
Importe da matrícula: 90 euros (excepto para os colexiados do Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros da Administración local de Pontevedra e para os empregados públicos de Deputación Provincial de Pontevedra)
Convocatoria DOG |