Xa se poden consultar na páxina web da EGAP as listaxes de persoas admitidas nos exames da III convocatoria de probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia.
Para consultar as listas é preciso acceder no menú superior da web ao apartado de Formación - Cursos e introducir no buscador o nome ou o código do curso que solicitaramos. Na ficha de cada curso hai un .pdf coa selección de admitidos. É moi importante consultar este arquivo, xa que inclúe información sobre os grupos, as datas e os lugares de exame.
Poderanse presentar as oportunas reclamacións ou renuncias no prazo de 5 días hábiles dende a data de publicación (23/10/2012) no seguinte correo electrónico
xestion.egap@xunta.gal .