Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Eirea pon en marcha un curso de especialista en optimización de activos inmobiliarios

    A Escola / Venres, 26 de Outubro de 2012.

    Esta actividade vai dirixida a arquitectos, aparelladores, enxeñeiros, economistas e avogados que pretendan, tanto iniciarse no mundo da análise profesional de bens inmobles, como a aqueles que queiran actualizar e perfeccionar os seus coñecementos no sector.


    Eirea (European Institute of Real Estate Analysis) é unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á formación especializada e á investigación no ámbito da análise inmobiliaria. En colaboración coa EGAP, organiza un Curso de especialistas en optimización de activos inmobiliarios das administracións públicas. Esta actividade formativa consta de catro módulos e dun proxecto de fin de curso, grazas aos cales os asistentes poderán perfeccionar os seus coñecementos no sector.

    O curso lévase a cabo grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Eirea e a EGAP, que non implica, por parte da EGAP, compromiso de gasto algún. A asociación Eirea, por propia iniciativa e como realiza normalmente en todas as súas actuacións formativas con cargo ao seu financiamento, outorga axudas para o alumnado interesado, tal e como informa na súa páxina web.

    Módulos: Protocolos para a definición do proxecto residencial óptimo. Protocolos para a valoración de proxectos inmobiliarios. Protocolos para a definición do proxecto patrimonial óptimo. Protocolos para a definición do proxecto urbanístico óptimo e control de carteiras de activos.

    Destinatarios: arquitectos, aparelladores, enxeñeiros, economistas e avogados
    Datas: do 26 de outubro de 2012 ao 16 de febreiro de 2013
    Horas: 700
    Prezo: 2.450 euros
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 100 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212