Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Comeza na EGAP o VI Encontro en Galicia de profesionais do Dereito concursal

    A Escola / Venres, 26 de Outubro de 2012.

    Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública, asistiron á apertura institucional do VI Encontro en Galicia de profesionais do Dereito concursal.


    Durante os días 25 e 26 de outubro a Escola Galega de Administración Pública acollerá o VI Encontro en Galicia de profesionais do Dereito concursal, organizado polo Consello Galego de Colexios de Economistas e polo Consello da Avogacía Galega.

    Asistiron á inauguración Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Roberto Pereira, presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas; Antonio Platas, presidente do Consello da Avogacía Galega; e Diego Comendador, conselleiro do Rexistro de Economistas Forenses.

    Durante este acto, o conselleiro de Presidencia fixo fincapé no intenso labor levado a cabo pola Xunta nos últimos anos no relativo á formación dos empregados da Administración de Xustiza. Ademais, Alfonso Rueda incidiu que na situación de crise económica a confianza e seguridade xurídica son valores de importancia vital para calquera movemento económico, polo que é moi importante contar nestes momentos cunha adecuada regulación concursal e que os profesionais actualicen os seus coñecementos, como están a facer nas xornadas.

    Doutra banda, a directora da EGAP resaltou a transcendencia deste encontro desde o punto de vista dos contidos, debido á importancia do concurso nestes momentos pola situación económica. Ademais, destacou que esta transcendencia non só resulta evidente pola seguridade xurídica do tráfico mercantil, senón tamén pola necesidade de que a economía e o mercado poidan contar con empresas viables que, simplemente, precisan dun tratamento específico puntual nun momento de perda de crédito ou incremento da débeda.

    A sexta edición do Encontro de profesionais do Dereito concursal é un evento centrado nos aspectos clave do concurso tras a reforma que durante dous días reúne en Santiago de Compostela a numerosos expertos na materia.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 101 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212