Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Teresa Conde-Pumpido e Sonia Rodríguez-Campos inauguran un curso sobre a función consultiva

    A Escola / Luns, 29 de Outubro de 2012.

    A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, destacou durante o acto a transcendencia da función consultiva e, neste sentido, do curso inaugurado, en canto que pretende, primeiro, constituír unha canle de divulgación da doutrina sentada polo Consello Consultivo nas materias obxecto da súa competencia e, segundo, permitir a apertura dun foro de debate sobre as mesmas.


    Por outra banda, a presidenta do Consello Consultivo de Galicia (CCG), Mª Teresa Conde-Pumpido, resaltou “a importancia de debater co persoal técnico da administración autonómica a experiencia e a doutrina do órgano consultivo. “Unha actividade de máis de dezasete anos -apuntou- que cos seus autorizados ditames contribúe á cotiá lexitimidade do exercicio do poder público, e a garantir nos ordenamentos autonómicos a primacía tanto da Constitución como do Estatuto de Autonomía”.

    Para a presidenta do CCG, a celebración deste curso ten grande relevancia “por canto a doutrina do organismo consultivo está en permanente revisión polos cambios normativos, de singular transcendencia nestes momentos”. Mª Teresa Conde-Pumpido, fixo fincapé en como os ditames do CCG “serven de garante da legalidade para a cidadanía galega”, tal e como se ten feito en múltiples ocasións grazas ao recoñecemento da responsabilidade patrimonial da administración.

    Mª Teresa Conde-Pumpido destacou, así mesmo, a boa disposición e entendemento que existe coa Escola Galega de Administración Pública, que colabora e participa neste curso e noutras actividades do CCG ao longo do ano, agradecendo a asistencia ao acto da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, que por primeira vez visitou a sede do Consello Consultivo.

    Desenvolvemento do curso

    O curso estrutúrase en seis módulos, máis un suposto práctico, que abordarán desde a contratación administrativa, ata a revisión de oficio dos actos e disposicións administrativas de carácter xeral; pasando polo control e regulamento da potestade regulamentaria, ademais do procedemento de elaboración de disposicións, e as directrices de técnica normativa. A responsabilidade patrimonial da Administración pública pechará os módulos deste curso o vindeiro día 8 de novembro, cunha duración total de vinte horas.

    Participan como profesorado neste curso, a secretaria xeral do CCG Ana López Guizán; e os letrados do organismo: José Abelardo Blanco Serrano, Manuel Cutrín Domínguez; e José Carlos López Corral.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 102 de 1208
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212