Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Continúa na EGAP o Ciclo de xornadas formativas da Administración local

    Xornadas / Venres, 9 de Novembro de 2012.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos; o director xeral de Administración Local, Norberto Uzal; e o secretario xeral da Fegamp, Eduardo Ramonde, inauguraron esta mañá a Xornada sobre contratación pública nas Administracións locais, a terceira dentro do ciclo formativo.


    Durante o acto de inauguración, a directora da Escola destacou a importancia desta actividade formativa e divulgativa, na que se trataron os principios xerais da contratación e a tipoloxía dos contratos, así como a tramitación dos expedientes de contratación e as súas clases, con especial referencia á selección do contratista, cos seus procedementos, formas e criterios de adxudicación.

    Ademais, durante os relatorios tamén se falou da execución, modificación e extinción dos contratos administrativos, as prerrogativas da Administración e a revisión de prezos; aspectos estes fundamentais para o cumprimento da prestación.

    A fundamental perspectiva do control xurisdicional da contratación local e unha mesa redonda sobre a eficiencia na contratación no marco económico actual, mediante novas fórmulas de colaboración, puxeron remate a esta xornada.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 103 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212