O próximo 30 de outubro a Escola Galega de Administración Pública acollerá unha sesión formativa sobre Os subministros básicos: A liberalización do mercado enerxético, organizada polo Instituto Galego de Consumo.
O obxectivo desta actividade é analizar a normativa que regula a liberalización do mercado de subministración enerxética, en especial o da enerxía eléctrica e o consumidor ante a liberalización do mercado da electricidade. Pretende dar a coñecer os órganos competentes na resolución de conflitos neste novo marco.
Data: 30 de outubro de 2012
Destinatarios: profesionais de consumo (responsables de OMIC, persoal do IGC, etc.)
Número de horas: oito (4 teóricas e 4 prácticas)
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (Av. Madrid, 3-5 As Fontiñas, Santiago de Compostela)
Inscrición: Ficha de inscripción
Máis información: Información da actividade
Contacto: esther.alvarez.fernandez@xunta.gal