Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A EGAP inaugura unha nova edición do seu curso para directivos cunha convocatoria na que a demanda cuadriplicou o número de prazas ofertadas

    A Escola / Luns, 17 de Marzo de 2014.

    O vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; e o director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos, asistiron ao acto de inauguración do Curso para a obtención do diploma de directivos autonómicos e locais esta tarde na sede da EGAP en Santiago de Compostela.


    Un total de 45 alumnos, pertencentes á Administración autonómica e local, iniciaron hoxe unha actividade que os vai dotar dos instrumentos e ferramentas de análise e de xestión necesarios para despregar ao máximo as súas potencialidades de liderado, implantar a cultura da calidade e a mellora continua no eido público, e optimizar a satisfacción da cidadanía cos servizos públicos.

    Para conseguilo a EGAP incluíu nesta edición certas modificacións que lle permitirán optimizar o axuste entre a actividade formativa e as demandas dos traballadores públicos destinatarios, perseguindo unha maior participación do alumnado e un enfoque máis práctico dos contidos. Así, para o curso de directivos do ano 2014 a Escola programou unha docencia integramente presencial na que se inclúe un traballo final en equipo, reduciu o número de prazas para ofrecer unha docencia máis personalizada e estruturou os contidos ao redor de cinco módulos sobre temas esenciais para este perfil profesional como a análise estratéxica, a toma de decisións, a xestión pública, a comunicación e o desenvolvemento de competencias de dirección.

    O curso para a obtención do diploma de directivo é un eixe fundamental para impulsar a modernización e a reforma da Administración, o cal significa optimizar a eficacia e a eficiencia da súa actividade xestora e prestacional. Por este motivo, a dita actividade convértese nunha formación imprescindible para adquirir as competencias e habilidades necesarias para o exercicio apto e responsable de funcións directivas.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 241 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212