Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    A Xunta aposta pola formación dos seus empregados públicos como garante dun servizo de calidade

    A Escola / Venres, 12 de Xuño de 2015.

    A directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, destacou hoxe no Parlamento galego a aposta da Xunta pola formación dos seus empregados públicos como garante dun servizo de calidade.


    Neste sentido, subliñou a consolidación do Plan de formación da EGAP como marco de confluencia no que se integran as accións estratéxicas de formación e capacitación dirixidas ao persoal ao servizo da Administración autonómica, das entidades locais, da Administración de xustiza e as destinadas ao persoal de administración e servizos (PAS). Por primeira vez, aclarou, configurouse un documento marco único para dotar de unidade e coherencia ao conxunto da oferta da Escola.

    Ademais, Rodríguez-Campos, fixo balance das moitas actividades formativas e divulgativas que o centro leva a cabo para mellorar a cualificación e a capacitación profesional dos empregados públicos. Así mesmo, informou de que o Plan ofertará ao longo deste ano 439 edicións formativas, cun total de 20.335 prazas destinadas aos catro colectivos. O que supón un incremento de ao redor do 10 por cento con respecto ao ano anterior.

    No caso das actividades dirixidas en exclusiva aos empregados do ámbito local, sinalou que existen dúas vías para ofrecerlle formación. A través dun plan formativo, elaborado tendo en conta as necesidades da Administración, as recollidas a través da Dirección Xeral de Administración Local e os colexios oficiais de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local e os resultados das enquisas, ou a través das subvencións destinadas ao financiamento de plans formativos para entidades locais.

    Neste ámbito, a directora sinalou que as enquisas realizadas o pasado ano, mostran os bos resultados obtidos entre as actividades destinadas a este colectivo. O 78 por cento do alumnado afirmou estar bastante ou moi satisfeito coa formación recibida, dixo.

    Enfoque práctico e actual
    Ademais destacou que todas as actividades manteñen un enfoque eminentemente práctico e que tratan de adaptarse aos cambios socioeconómicos e tecnolóxicos que se producen. Proba disto é a elevada renovación que experimentaron os títulos este ano, cunha porcentaxe do 90,9 por cento, concluíu.

    Por outra banda, Rodríguez-Campos lembrou que grazas ao Acordo de Formación para o Emprego das Admnistracións Públicas (AFEDAP) ao que está subscrita a Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto á Administración Xeral do Estado e ao resto de comunidades, puxéronse en marcha ao longo do 2014, 12 plans de formación específicos, que supuxeron un total de 140 actividades e 4.378 horas de formación e comprometeron un importe total de máis de 370.000 euros.

    Finalmente, tamén destacou o desenvolvemento doutras actividades, como o curso monográfico titulado “ A reforma local a debate” que tivo como propósito analizar e contrastar o contido e as principais novidades incorporadas na Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local. Así como a celebración na EGAP dunha xornada sobre sustentabilidade financeira e reforma das entidades locais.
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 368 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212