Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
  • Imagen 1 de 7  

    Xornada sobre a reforma do Código Penal a debate

    Xornadas / Xoves, 17 de Setembro de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, no DOG do 17 de setembro, a xornada A reforma do Código Penal a debate co obxectivo de analizar as novidades introducidas pola Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica o Código Penal, e as normas complementarias desta, así como suscitar o debate sobre a conveniencia e utilidade de tales modificacións.


    En consecuencia, a finalidade deste encontro é trasladar unha visión ampla do novo marco legal en aspectos concretos que revisten particular interese pola novidade que comportan e/ou pola súa transcendencia práctica.

    Na xornada serán tratados, entre outros temas, o novo réxime de penas, a nova situación da vítima no proceso penal, o comiso, os delitos leves e as modificacións operadas pola reforma penal de 2015 nos delitos de lesións e violencia de xénero.

    Esta actividade vai dirixida ao persoal ao servizo da Administración de xustiza, avogados, procuradores, profesores e alumnos das universidades galegas e interesados en xeral.

    Data: 30 de setembro
    Duración: 6 horas lectivas
    Horario: mañá e tarde
    Lugar: Santiago de Compostela (EGAP, rúa Madrid 2-4)
    Matrícula: ata o 28 de setembro en http://egap.xunta.gal/matricula
    Máis información: ficha da xornada
  • Recursos
  •   Convocatoria DOG galego  
  •   Convocatoria DOG castelán  
  •   Programa da xornada  
  •   Anterior Seguinte  
    Pax 393 de 1219
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212